Por E.P. | OURENSE | 06/06/2024 | Actualizada ás 20:11
A Audiencia Provincial de Ourense albergou este xoves o xuízo contra un home acusado de abusar sexualmente dun menor, unhas acusacións das que se defendeu alegando que "só" lle tocou "os ombreiros para tranquilizalo".
Os feitos remóntanse a maio do 2023, cando a vítima contaba con 8 anos e o acusado con 20. A situación deuse no marco dun taller de construcións con xogos de pezas, onde o acusado exercía de monitor e ao que acudía o neno.
Segundo a versión do home, nunca quedou a soas co neno e só colocou as súas mans nos ombreiros do menor "para tranquilizalo porque non lle saía unha construción". "Estaba moi nervioso e o que fixen foi levantarme, achegarme e dicirlle que se tranquilizar se e relaxase, que se non lle saía estaba eu e axudábao", esgrimiu o acusado, que incidiu en que "só" lle tocou "os ombreiros para tranquilizalo".
Así mesmo, negou que ensinase contido pornográfico ao menor, aseverando que no espazo non hai pantallas e que non empregou o seu teléfono móbil. Ademais, a preguntas do seu letrado concretou que lle "gustan as mozas" e que non ten "atracción polos homes".
Con todo, a súa versión chocou coa da nai da vítima e denunciante. Ela explicou que o pequeno se decatou do taller de construcións por un cartel nunhas clases de pintura e interesouse por ir. Levaba xa varias clases asistindo cando, presuntamente, sucederon os feitos.
"Ía sempre con máis nenos ás clases e gustáballe, ese día recolleuno unha amiga miña, porque eu tiña que atender á súa irmá, e pareceulle raro que estivese só el", comezou relatando a muller.
Así dixo que, poucos minutos despois, xa estando con el no coche o neno preguntoulle se o seu monitor do taller lle madara " unha mensaxe por unha broma que fixera". "Díxenlle que non tivera ningunha mensaxe e preguntei cal fora a broma. Entón contoume que lle deu unha masaxe nas costas e ensinoulle un vídeo", explicou a nai da vítima, que indicou que o contido do vídeo, segundo dixo o neno "tiña a unha Lisa Simpson, pero era adulta, e un cabalo metíalle unha pata pola vulva". "Díxolle ao profesor que o incomodaba e quitouno", sinalou.
Segundo indicou, o monitor díxolle ao neno que "era un segredo entre eles" pero que o seu fillo lle respondeu que non tiña segredos cos seus pais. A muller asegurou que o seu fillo "non inventaría todo isto" e que tamén lles preguntou se o ían a desapuntar das clases.
Na sesión tamén declarou o pai do menor, quen ratificou que o seu fillo "non quería falar do tema porque lle daba pudor", pero acabou contándolle o vídeo do mesmo xeito que á nai, engadindo que "o cabalo tiña un líquido branco".
O menor non tivo que declarar na sala, pero mostrouse a súa declaración cos peritos na fase de instrución, onde, ademais de contar "a masaxe" nas costas e na zona da íngua, explicaba a visualización do vídeo e que sentiu "confundido", polo que llo contou aos seus pais.
Na Audiencia tamén declararon como testemuñas os pais do acusado. A nai, profesora xubilada, relatou que acudía múltiples veces aos talleres a axudar ao seu fillo con temas "como as listas dos nenos ou os cobros aos pais".
Sobre a data en concreto deste feito, asegurou que ela mesma advertiu á nai do menor de que "ese día estabamos pendentes de se virían o resto de compañeiros ou estaría só". Con todo, dixo que ao sete da tarde abandonou o lugar, aínda que chegou o seu marido.
O marido e pai do acusado manifestou que adoita acudir ao lugar onde se organizan os talleres, unha galería situada na Rúa Progreso da cidade, a facer pequenos arranxos, porque tamén está xubilado. O día dos feitos sinalou que chegou ao redor do sete e que o seu fillo "non ensinou ningún vídeo".
Así as cousas, Fiscalía ve un delito de agresión sexual a menor de idade, asegurando que "xa só o mostrar un vídeo dese estilo xa se realiza con carácter sexual" e pide dous anos de prisión, así como que o acusado teña prohibido achegarse e comunicarse co menor e coa súa familia durante 5 anos, e unha inhabilitación especial para a docencia de menores polo tempo de catro anos.
Pola súa banda, a defensa solicita unha sentenza absolutoria porque defende que a pesar de que rexistraron o móbil do seu patrocinado "non existe tal vídeo" e apreciou "contradicións", cuestionando que "igual o neno buscaba unha escusa para deixar de ir ás clases". Así as cousas, o xuízo quedou visto para sentenza.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.