É a mesma farsa que realizou Podemos, vendendo un novo produto político, cando en realidade tratábase de máis do mesmo. Máis socialdemocracia e posibilismo, máis partido do sistema, máis gobernabilidade, máis Europa dos mercadores, áais OTAN.
Moito mar revolto e cambios climáticos ocorreron desde que fai case catro anos, cando escribía en Galicia Confidencial, aquel artigo de “
Marea Beiras". Nunca pensei que aquel titular daría tantas voltas e terminaría nunha simple componenda de tres partidos políticos, que antes de saber o resultado electoral, xa se repartiron “o botín” ou sexa: os candidatos, o diñeiro que van entrar nas arcas partidarias e os traballadores/as que se incorporasen ao persoal.
Doutra banda, o propio BNG sumouse a este disparate do asembleismo e ao paripé do democratisismo. Todo para que logo, os partidos impulsores, decidan quen serán os candidatos. Facendo soamente as primarias, para os suplentes da lista. Como diría algún psiquiatra “esquizofrenia” pura e dura.
Nós xa sinalaramos desde un inicio deste proceso a onde levábannos estas políticas e prácticas reformista. Este foi o motivo polo cal non habemos participando de ningún dos espazos teoricamente de confluencia.
A nosa proposta está baseada na construción dunha fronte ampla patriótico, que inicie un proceso constituínte en Galicia e no resto do Estado. Cun programa e con candidatos, claramente de esquerdas.
O panorama actual en Galicia estará marcado pola presentación de dúas opcións, con certas similitudes: Ambas teñen un programa electoral no marco do sistema. Podemos apuntar tamén que: os seus candidatos son a expresión das clases medias; os traballadores/as representando á súa clase, están ausentes nestas listas. A única diferenza que non é menor e para nós importante, no caso da candidatura do BNG, é que se trata dunha candidatura centrada en Galicia, cunha clara posición de defensa dos dereitos nacionais do noso país.
Malia as criticas expostas nós non seremos indiferentes neste proceso electoral. Aínda que non nos presentamos nestas eleccións coa excepción de Ourense pola Esquerda, tomaremos unha decisión respecto diso.
O noso apoio electoral no resto das provincias estará baseado esencialmente no programa electoral que se presente, o cal deberá estar en correspondencia con algunhas das posicións anunciadas.
A división e confusión política lévanos a pensar que: As Mareas convertéronse nun charco de auga estancada, onde pescan algúns oportunistas. O cidadanismo morreu.