Temas: XORNALISMO CPXG

O Colexio de Xornalistas daralle unha bolsa a seis xornalistas

Teñen que estar colexiados para poder participar no proxecto 'Xornalismo na Escola'.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/11/2015 | Actualizada ás 14:07

Comparte esta noticia

Búscanse seis xornalistas en paro. O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social la Caixa poñen en marcha a iniciativa Xornalismo na Escola, na que profesionais en situación de desemprego impartirán xornadas didácticas sobre comunicación a alumnos de 3º e 4º da ESO. Con este obxectivo, seleccionaranse seis colexiados parados para impartir os obradoiros.

Pereiro, decano do CPXG, Ferreiro, alcalde da Coruña, e Darío Janeiro, secretario do CPXG
Pereiro, decano do CPXG, Ferreiro, alcalde da Coruña, e Darío Janeiro, secretario do CPXG

As xornadas realizaranse nun total de 60 I.E.S de toda a comunidade entre escolares de 3º e 4º da E.S.O. Para impartir os obradoiros, segundo apunta o CPXG nun comunicado, convócanse seis prazas ás que poderán concorrer calquera colexiado, que acredite atoparse en paro, tendo preferencia aqueles que se encontren en situación de desemprego de longa duración.

Asignarase a cada un dos seleccionados unha contía de 1.500 Euros, en concepto de bolsa, máis unha pequena partida en concepto de material. As persoas interesadas en impartir as xornadas deben enviar antes das 14:00 horas do 11 de decembro a documentación e un breve curriculum por correo electrónico xornalistas@xornalistas.gal ou por vía postal ou en persoa a: Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, San Pedro de Mezonzo, 36, 1º, 15701 Santiago de Compostela. Bases e formulario de inscrición na web do Colexio de Xornalistas.

Temas: XORNALISMO CPXG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 Uxío

Dá un pouquiño de vergoña que se publicite tanto unha esmola miserenta para cinco xornalistas en paro. Estes do CPXG parece que só traballan o marketing. Algún día reclamarán traballo en condicións xustas para os xornalistas, un convenio de mínimos para o sector, etc.?

4 Luis

A idea dun proxecto deste tipo para a escola paréceme moi boa. Pero o que non me parece tan bo é que o único criterio para seleccionar a quen a desenvolva é que esté no paro.

3 Ana

E tan descarado como se esta a discriminar a IU dos debates na TV que xa son moitos os cidadans que estan pensando en votar a ese partido. O unico partido que fala de republica e de traballo garantizado. ¿Tanto medo lle ten o bipartidismo vello e o bipartidismo novo?. Esixamos a presenza de Garzon no debate decisivo.

2 Porkos e gorrones

Unha cousa é levar a camisa por fora e outra moito pior e non cambiala nunha semana,

1 sf3b

Peazo montós de sebo ¿non teñen vergonza?

1 maritrini

parecen liberados da UPG. Partido unicoooooooooooooooooooooooooo¡ estéticamente podemos dicir que xa está implantada a estética do partido único galego que obxectivamente serve dende hai 50 anos a españa. A estética e un paso importante.