Auxilian a catro persoas a bordo dunha embarcación que se dirixía cara as pedras na Lanzada

Averiáraselles o motor da lancha na que navegaban. Os socorristas da praia da Lanzada acudiron en axuda destas catro persoas a bordo dunha lancha, coa que foron rescatados.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 05/08/2024 | Actualizada ás 00:33

Comparte esta noticia

Os socorristas da praia da Lanzada, no municipio pontevedrés do Grove, tiveron que auxiliar este domingo a catro persoas ás que se lles averiara o motor da lancha na que navegaban. Segundo informou o 112 Galicia, foi un dos implicados o que solicitou axuda á central de emerxencias ao sinalar que se atopaba con outros tres persoas a bordo dunha lancha, fronte a praia de Borreiro, cando o motor da embarcación deixou de funcionar.

Aínda que todos se atopaban ben, o alertante explicaba que se dirixían cara ás rocas. Por iso, os operadores do 112 deron aviso a Salvamento Marítimo, que mobilizou a lancha Salvamar Sargadelos, así como ao grupo acuático do GES de Sanxenxo e á Garda Civil de Pontevedra.

Dúas persoas observan o mar con ondas na praia da Lanzada, a 5 de novembro de 2023, no Grove
Dúas persoas observan o mar con ondas na praia da Lanzada, a 5 de novembro de 2023, no Grove | Fonte: Elena Fernández - Arquivo

Ademais, foi informada a Policía Local e o Servizo Municipal de Protección Civil do Grove. Así mesmo, os socorristas da praia da Lanzada acudiron en axuda destas catro persoas a bordo dunha lancha, coa que foron rescatados. A continuación, dirixíronse ata Pedras Negras escoltados pola patrulleira da Garda Civil e a embarcación de Salvamento Marítimo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta