Por E.P. | OURENSE | 14/08/2024 | Actualizada ás 16:51
Axentes da Garda Civil de Ourense detiveron a tres persoas por roubar 1.000 euros nun bazar da localidade de Coles, un operativo que permitiu descubir no seu poder obxectos subtraídos noutros lugares da provincia.
En concreto, o roubo no bazar tivo lugar o pasado 10 de agosto. Tras entreter a unha traballadora, os agora detidos apoderáronse da caixa rexistradora, con 1.000 euros. Na fuxida foron interceptados a 300 metros por outro traballador, ao que golpearon cun pau na cabeza e déronse á fuga.
A Garda Civil estableceu un dispositivo para tratar de localizar aos autores do roubo e o día 11 de agosto, auxiliados pola Policía Local de Ourense, detiveron a dúas no barrio de Covadonga de Ourense e ao terceiro en Sobral, Coles.
O día 13 realizaron un rexistro domiciliario onde se localizaron numerosos efectos roubados, como unha cruz que fora subtraída nunha Igrexa da Peroxa e un banco de peregrino do Concello de Ourense. Os detidos foron postos a disposición xudicial do xulgado 1 de ourense.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.