Por Galicia Confidencial | Madrid | 15/12/2015 | Actualizada ás 14:13
En declaracións de Lobeira en Madrid, o xuíz Eloy Velasco cumpre unha estratexia deseñada polo "laboratorio de ideas do PP" para "borrar do mapa" aos nacionalistas. O político argumenta que se a chamada a declarar coincide coa campañ non é "casual", senón porque se busca "a fotografía de responsables do BNG entrando na Audiencia Nacional en plena campaña".
Lobeira cualificou a Audiencia Nacional de "tribunal de excepción" pois "non é un ente neturo, é un señor que foi alto cargo do Partido Popular". Velasco foi director xeral na consellería de Xustiza durante dous dos gobernos de Eduardo Zaplana.
Vence, voceiro nacional do Bloque, comparecerá o 21 de decembro, o día despois das eleccións; tras ser aplazada a comparecencia inicial, prevista para onte día 14.
A Xustiza acusa aos membros da directiva Causa Galiza de realizar varios actos de homenaxe a terroristas, en particular o último Día da Galiza Combatente, tanto de Resistencia Galega como do Exercito Guerrilleiro do Pobo Galego Ceibe. As acusacións son graves, especiamente porque entre elas está a de integración en organización terrorista.
Libres pero imputados, varios dos independentistas detidos deron unha rolda de prensa na que defenderon en todo momento a legalidade o seu traballo político. Na comparecencia en Vigo o 14 de novembro, denunciaron que se trata dun "atropelo judicial e policial" e criticaron ao Goberno por dicir que se "descabezara unha organización terrorista" cando “nom existem dados concretos nem objetivos que permitam à Guardia Civil nem à Audiencia Nacional determinar que esta organizaçom política desenvolve atividades ilegais”. Engadiron que son "pessoas que tenhem umha vida civil absolutamente normal com postos de trabalho e família com umha atividade política pública”.
Cando foron presos, a Executiva Nacional do BNG cualificou como "un ataque aos dereitos democráticos" a suspensión de actividade da organización independentista Causa Galiza, decretada polo dous anos e que os imputados din van recurrir. O Bloque tamén alertara do "acelerado retroceso no exercicio de dereitos democráticos que se está a dar na Galiza".
Tras o xiro cara o soberanismo do último lustro, o BNG achegouse a organizacións independentistas como Causa Galiza, mantendo reunións con elas na busca da unidade de acción do nacionalismo e chegando a explorar a posibilidade de presentarse xuntos as eleccións europeas de 2013 . O Bloque mantén dende sempre unha actitude clara de condena a violencia terrorista.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.