Por Galicia Confidencial | Camariñas | 04/09/2024 | Actualizada ás 09:53
Un pesqueiro de 14 metros ardeu por completo na madrugada deste mércores no porto de Camariñas. A Garda Civil investiga xa as causas dun sinistro que rematou coa embarcación calcinada por completo en moi pouco tempo.
A embarcación comezou a arder sobre as dúas da madrugada e foron varios particulares os que deron aviso aos servizos de emerxencia. De feito, algúns deles gravaron todo o acontecido. Desde o 112 informouse a Salvamento Marítio, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, á Garda Civil, aos Bombeiros de Cee e de Carballo e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Camariñas.
Foron estes últimos os que, ao chegar ao lugar, comprobaron que na embarcación había varios elementos de risco como bombonas de osíxeno. Nese momento, Salvamento Marítimo traballaba xa na extinción do lume desde o buque Salvamar Altair. Tamén precisaron que na cuberta do barco había dúas bombonas de butano. De feito, houbo varias esplosións na embarcacijón.
Con todo, confirmaron que non había outras embaraciones próximas que corresen perigo. Ademais, a Xunta activou o Plan Territorial de Contigencias por Contaminación Mariña Accidental en fase de alerta para conter e controlar un posible vertido polo incendio. De feito, Sasemar explica que se despregaron barreiras anticontaminación por Gardacostas.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Common Voice incorpora gravacións espontáneas para recoller as variedades dialectais do galego
- O Sergas impulsa a reciclaxe de téxtiles médicos para avanzar na economía circular
- Protesta dos veciños de Sanabria en Vigo pola supresión do AVE: "Todo por aforrar 15 minutos a Madrid"
- Viticultores tachan de "cortoplacistas" as medidas da Xunta na Ribeira Sacra e denuncian a súa "pasividade"
- Piden a Rueda que non acuda ás touradas de Pontevedra por consieralo unha "mensaxe perigosa"
- Trece condutores sancionados en Lugo por alcol, drogas ou falta de carné