Os alcaldes de Ferrol e Compostela xa ven un presidente da Marea na Xunta

Destacan que os resultados do 20D son unha continuación do acontecido nas municipais e avanzan o que vai pasar nas autonómicas. Noriega volve descartar que vaia ser o candidato á Xunta.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/12/2015 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Os alcaldes de Santiago, Martiño Noriega, e Ferrol, Jorge Suárez, ven nas eleccións do pasado 20D un anticipo do que pode acontecer nas autonómicas do 2016, cun cambio na Xunta e un presidente da Marea en San Caetano.

Martiño Noreiga, Xulio Ferreiro e Jorge Suárez nun acto de En Marea
Martiño Noreiga, Xulio Ferreiro e Jorge Suárez nun acto de En Marea | Fonte: enmarea.gal

"O que si houbo é un relato de país. E neste sentido, contribuímos e contribuiremos para que dentro dun ano sigamos tendo a Alcaldía da capital de Galicia e o goberno da Xunta",  dixo o rexedor compostelán este luns nun acto na USC ao referirse ás eleccións deste domingo.

Así, insistiu en que estes comicios “mostraron a constatación e consolidación dun relato de cambio político" e que "o que ocorreu en maio non foi un arquipélago de casualidades, senón que ten unha continuidade no tempo", dixo en alusión aos comicios municipais nos que as mareas acadaron os concellos de Ferrol, A Coruña e Compostela.

"Isto mostra que algo se está movendo no país e que, se en maio cambiaron os gobernos en moitas das cidades do país, en menos dun ano, seguramente, cambie o Goberno de Galicia", engadiu. Sen embargo, volveu confirmar, como xa dixo noutras ocasións, que el non será esa persoa que pode presidir a Xunta.

Pola súa banda, o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez (FeC),  dixo que estes resultados son extrapolables ás próximas autonómicas e afirmou que "esta tendencia alcista vaise a soster e manter". "Por tanto as expectativas que temos son total e absolutamente de cambio na Xunta de Galicia", engadiu.

En todo caso, recoñeceu que  os resultados poderían ser mellores e anunciou que traballarán para consolidar desde abaixo as candidaturas, “para que por primeira vez na historia haxa un presidente da Xunta de Galicia saído dun movemento de unidade popular”, engadiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

8 Antolín Parracho

O mellor presidente é Bautista o do Unto e de Vicepresidente Paco Zarzuelas. Seguide os do Partido Único e Partido Guía coas vosas lerias que ides desaparecer tamén do Parlamento Galego. Se vos van esgotando as fontes de financiamento para tantos mantidos e a Forga e a CIG xa non poden con todo

7 Bóveda

Na galiza: O cainismo destrúe o mellor du país e fai que a endogamia do partido termine nunha burbulla ideolóxica lonxe da realidade e do pobo. Subsisten porque acoden aos conflictos sociais máis duros, pero non avanzan, senon que se radicalizan e o "sistema fascio do poder" remata por liquidalos. O ANPG foi un acerto, o UPG un erro. Galiza é un país de vellos, vasalos da igrexa, enganchados ás procesións e ás papadas. A universidade é un exército de funcionarios "sociolistos", fillos de labregos que se convertiron e mediana burguesía. Mariñeiros e campesiños sempre os tiveron aillados, no barco e na taberna uns; na corte e na leira otros. Os obrerios foron dezmados coa reconversión do traidor González. A nova mocidade está enganchada ao móvil e á tablet, ogallá tome cocienciaa "nas mareas" e axuden a mudar a este país "dos ananos".

6 Doutor Moreno

Deixémos-nos de coñas....... que mellor Presidente que Beiras Balaguer con ese cabezón tan lúcido que continúa a ter o meu Xosé Manuel...e desta co apoio do BNG-Nós!!!.

5 Doutor Moreno

Deixémos-nos de coñas....... que mellor Presidente que Beiras Balaguer con ese cabezón tan lúcido que continúa a ter o meu Xosé Manuel...e desta co apoio do BNG-Nós!!!.

4 Teo de abaixo

Martinho xa descartara seren candidato en Santiago. Descártase porque foi o único das mareas que perdeu apoio popular. En canto se enqueza o asunto, xa veredes como se pón de primeiro, sen permitir primarias, como fixo en Compostela.