Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/09/2024 | Actualizada ás 19:02
O deputado de Democracia Ourensana Armando Ojea reclamou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que concrete unha reunión institucional co alcalde ourensá, Gonzalo Pérez Jácome, e abandone así o "negacionismo cara a terceira cidade de Galicia".
Así o manifestou o único integrante do grupo mixto na súa comparecencia ante os medios este martes tras a celebración da xunta de portavoces que concretou a orde do día da próxima sesión plenaria do Parlamento galego.
Ojea ironizou con que o máximo mandatario autónomico ten un "punto cego" que lle impide "ver" á cidade de Ourense e ao seu alcalde, polo que instou a Rueda que se abra a recibir a Jácome para abordar cuestións como a construción da nova sede da Xunta na cidade.
Ademais, tamén aseverou que a Democracia Ourensana "non" lle "valen" os "usos e costumes" pactados por PP, BNG e PSdeG "noutras lexislaturas". "Que dunha vez por todas saiban que existe DO", aseverou Ojea.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.