Iniciativas relacionadas coa sanidade, benestar e animalismo acadan milleiros de apoios en Change.org

Cinco casos galegos están entre os de máis éxito desta plataforma de petición de sinaturas en 2015, entre eles, o que acado máis de 121.000 sinaturas para que un neno recibira un tratamento para unha enfermidade dexenerativa.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/12/2015 | Actualizada ás 19:13

Comparte esta noticia

Cinco casos galegos están entre os éxitos que máis firmas conseguiron en 2015 en Change.org, a maior plataforma de peticións. Entre os logros alcanzados a través deste portal a nivel galego destacan as 121.500 firmas necesarias para que a Xunta de Galicia renovase o tratamento de Miguel, un neno galego que padece Síndrome de Morquio, unha enfermidade dexenerativa que só afecta a 30 persoas en toda España.

Unha iniciativa de Change.org serviu para paralizar as touradas en Ourense
Unha iniciativa de Change.org serviu para paralizar as touradas en Ourense

Grazas á vitoria da petición, Miguel puido acceder ao tratamento con Vimizim e mellorar notablemente a súa calidade de vida. Así mesmo, máis de 43.000 apoios foron os necesarios para dar vitoria á petición iniciada pola Asociación Animalista Libera, que solicitaba ao alcalde de Santiago de Compostela que non permitise o uso de carruaxes de cabalos para turistas por consideralo malos tratos animais.

Case 27.000 firmas foron as necesarias para conseguir declarar á cidade de Ourense como municipio antitaurino. Con iso, a Asociación Animalista Libera sumou "outra vitoria" polos dereitos dos animais na Comunidade galega, apunta Change.org nun comunicado.

Tamén se necesitaron máis de 20.500 firmas de apoio para restablecer as análises de orina e ampliar o catálogo de enfermidades a detectar no cribado neonatal, tras ser eliminados estes pasos. Por último, destaca tamén a petición para que a Consellería de Benestar da Xunta de Galicia financiase a praza no centro Eles de atención a persoas con discapacidade intelectual a Alberto, neste caso sumou 10.500 firmas a plataforma e foron as necesarias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta