Domingo con alertas por temporal

Este domingo o mal tempo será máis duro que o sábado. Segundo información da Axencia Estatal de Meteoroloxía, haberá alerta amarela por vento e choivas. No mar, as ondas serán de tal tamaño que haberá alerta laranxa.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 02/01/2016 | Actualizada ás 21:51

Comparte esta noticia

En concreto, haberá alerta laranza en toda a costa da Coruña por ondas até o mediodía. No resto do litoral galego a alerta por ondas será amarela.

Alertas meteoróloxicas en Galicia este domingo
Alertas meteoróloxicas en Galicia este domingo | Fonte: aemet.es

A alerta amarela por vento afecta asemade a todas as comarcas costeiras do país. Ademais, hai alerta amarela por choivas en todas as comarcas do litoral e no interior da provincia de Pontevedra. As peores horas comezarán cara as seis da mañá.

Desta volta o mal tempo volverá para quedarse. Unha nova borrasca situada ao oeste de Irlanda traerá ceos completamente cubertos e choivas persistentes e puntualmente fortes, que afectarán sobretodo á metade oeste da comunidade . A inestabilidade manterase coa entrada da próxima semana, na que se esperan choivas xeralizadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta