Chulerías de recén chegados

Non foi un accidente. Houbo mala intención. Non foi unha equivocación; equivocarse é normal, quizais aínda máis normal ca acertar. Houbo esa repugnante absurdeza do “buenismo” do somos mellores cás centenarias tradicións que nos singularizan e definen. Houbo esa sutil desafortunada mensaxe de que esas tradicións pertence aos outros, ás “castas”. Ou, se cadra, só houbo chulerías de recén chegados. Non sei. E non me importa.

Por Xoán Vázquez | New Jersey | 11/01/2016

Comparte esta noticia

O que si sei, e me importa, é que non toca peneirar aquelo que xa foi peneirando para todos nós desde o fondo dos séculos por xeracións inmemoriais. Toca sacarse de diante e deixar que as nosas tradicións consolidadas polos séculos continúen nutrindo e alimentando a nosa identidade individual e colectiva, comezando polas crianzas. Toca controlar a soberbia e recoñecer que aquilo que foi posto a proba pola suma dos séculos e sobreviviu indemne xa forma parte do noso acervo. E toca recoñecer que remexer nas tradicións, moitas veces centenarias, sobre todo as que afectan aos rapaciños, só se pode caracterizar de mesquindade. E a mesquindade nace, medra e vive nos corazóns alleos á condición da bondade; logo, ni tan sequera en nome dun falso benfeitorismo que incida en rebaixar o propio para acomodar o alleo se pode xustificar.
As persoas que abrigan a condición da bondade están inoculadas contra o virus da maldade. Sendo o ben xa  parte da súa propia natureza, non saben proceder doutra maneira. Destes si me fío. Fíome deles así veñan con Friedman, Keynes ou Marx na cabeza, pois nestes Friedman, Keynes ou Marx son simples referencias circunstanciais incapaces de alterar a súa condición humana, xa gobernada por valores de moita máis altura e de moito máis alcance.

A cabalgata de Reis é unha obra teatral ao aire libre, é iso e só iso. Pero é nosa. De todos nós. E o guión desta obra foi escrito por todos nós, e todos nós somos audiencia e aínda parte do reparto. Ninguén ten dereito  a aldraxala e reducila á vulgaridade que se viu en Madrid. O que se viu en Madrid ten tódolos visos de ser unha manifestación de odio á cultura e tradicións arraigadas na conciencia colectiva, ao que somos como herdeiros dunha cultura de raíz cristián, que así se chamaba a Cultura Occidental ata fai dous días. E se ese odio expresa os valores de  Podemos, entón estamos perante un problema maior, pois iso significaría a existencia dun grupo organizado hostil as tradicións da nosa sociedade.

Para destruír unha sociedade hai que ir así, precisamente así, gota a gota. Os chorros torrenciais vense vir e a xente reacciona e toma as medidas necesarias para frealos, sobrevivilos e extirpalos. Non son os chorros os portadores das ameazas máis destrutivas; son as goteiras. As goteiras; as goteiras son as que rematan por perforar as mesmísimas pedras, alicerces do edifico identitario e cultural. 

A sociedade que caia nas mans dos benfeitores está perdida. O benfeitorismo é unha farsa, unha manifestación da hipocrisía; quizais a peor manifestación da hipocrisía. Podemos amósaseme outra oportunidade estraga. Espero equivocarme, que como xa aclaramos ao principio, iso, si, entra dentro do normal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA