Artigos de Xoán Vázquez

Por la Gracia de Dios

“La democracia está por encima de la ley”. Se esta lixeireza che colle cedo pola mañá, os sensos aínda máis atentos ao cheiro do café cá suma de ocurrencias e disparates de días anteriores, que ben soan esas palabras; ata semellan abranguer unha sentenza filosófica destinada a engrosar o acervo, para gran honra e orgullo de tódolos patrios eidos. Pero os crepúsculos matutinos son breves e inespertos gaioleiros, e aínda os máis raposeiros sucumben ante o primeiro pestanexo do albor.

Campaña electoral de momias e ósos

De tódalas ideas e propostas que teño lido sobre os posibles usos para o Valle de los Caídos, confeso que unha das que máis me chama é a de deixalo que caia na ruína. Sería unha ruína útil, en consonancia coa historia, daquela ergueríase nunha gran metáfora do que sempre representou e sempre foi.

A verdade, un nacronismo

O deterioro da verdade, ao abeiro dunha hipocrisía inconmensurable, adquiriu tal dimensión que xa nos queren ensinar a aplaudir (lexitimar) ata aos mesmos cómplices de ETA, asesinos confesos, e ao tempo maltratar a cidadáns (paisanos, veciños, mesmo familia) que sinta a inclinación circunstancial de arrimar o seu vote a un partido que defenda valores diferentes, coma se a mesma democracia non dependese precisamente diso, coma se a honorabilidade dos partidos máis grandes e de máis raigaño non estibese condicionada precisamente pola ameaza dos que desde os antípodas lle tratan de partillar os espazos sociais. Ou sexa, a propia democracia baixo ameza de morte. A esencia mesma da democracia, un estorbo.

Na auto negación do vencido

O peor non é ter pouco, que iso ten remedio; o verdadeiramente triste é ter pouco cando aínda se merece moito menos. E que pode merecer unha sociedade que renuncie aos seus dereitos máis básicos e fundamentais?

De mafias e mortizos

E moito o que se ten falado das deficiencias máis perniciosas da nosa sociedade: aquilo do fracaso escolar; as apoloxías ao alcoholismos neses botellóns semanais; do porqué de non podermos alcanzar os niveis industrias de Alemaña, Francia ou Holanda; do porqué de resistirse o paro, a precariedade laboral, ou o de non reverterse unha natalidade propia dun país suicida.

A sobrevivencia dun establishment suicida

Moi a pesar de non ter presentado nin tan sequera unha proposta de solución para os problemas de máis urxencia que afronta a sociedade, o establishment sobreviviu as últimas eleccións. E sobreviviunos porque as alternativas amósanse lonxe de presentarse como solucións viables, que non o son. Velaí a cidadanía, unha vez máis, escollendo de entre as patacas as menos podres. Mais unha cousa quede clara: ninguen se afai a pasar a vida remexendo na podremia, algo ten que pasar.

O problema é o establishment

Se se confirma que Vox se desmarca da Constitución e aceptamos que é unha ameaza para a convivencia en democracia e só utiliza a democracia como un medio para fins alleos aos valores da Constitución (populismo), daquela estamos falando de moito máis ca de Vox. Estamos falando dun feixe de partidos, mesmo anteriores a Vox, todos eles ben levados co goberno do Estado, algúns deles enchoupados en sangue e desfrutando cun cinismo inconmensurable desa condición sanguinaria.

Dos camiños que levan a Vox

Desde as eleccións ao parlamento de Andalucía é moito o que se ten falado da irrupción de Vox: se vén para quedarse, se pode seguir medrando e ata onde pode chegar.