Alternativas galeguistas

Así como nas opcións progresistas estamos plenamente representados, desde o PSdeG, indefectiblemente vinculado ao PSOE e reconciliado co Estado das Autonomías; o BNG, cunha visión de Estado moi diferente e mesmo abertamente independentista; e as Mareas, que tratan de pescar nos caladoiros duns e doutros. Para o ben do país, tería sido de proveito que no centro-dereita tamén xurdise algo de pluralismo con alternativas galeguistas. É anómalo que o galeguismo non teña fogar no centro-dereita.

Por Xoán Vázquez | New Jersey | 11/03/2020

Comparte esta noticia
Non hai dúbida que foi un gran logro do PPdeG o saberlle cortar o paso ás outras agrupacións de centro-dereita, facendo que o electorado as percibise como siglas pouco serias, inconsecuentes, ou aínda non representativas dos seus principios e valores. O argumento, silente e efectivo, foi e é que estes novos intentos son simples ocorrencias sen nada novo e diferente que ofrecer. Desafortunadamente, non van desacertados. Mais ese logro -incontestable- só beneficia ao PPdeG, que xa non a Galicia, á súa mellor gobernanza e á súa calidade democrática. Non obstante, entendese que cadaquén lle arrime a ascua a súa sardiña. Calquera outro partido no seu lugar, de ter podido, tivese exercido a mesma hexemonía sobre os seus eidos electorais. Logo, fozar aí desde a oposición non ha ser de moito proveito; porque o único que lle estaríamos dicindo á cidadanía é que o PPdeG é un partido hábil e ben organizado. E iso non desvirtúa a ninguén.
 
Con todo, algunhas das siglas de afinidade centro-dereita, e aínda da extrema dereita,  xa comezan a calar na conciencia do electorado. Nunca é todo para ben. A tendencia ao multipartidismo transversal en Galicia, malia resistirse, parece que vai collendo algo de xeito; e iso, de seu, xa é moi positivo. E moi positivo porque a transversalidade é sinal de pragmatismo e o pragmatismo é o antídoto contra o fanatismo: máis importante ca quen goberne é que goberne a coalescencia da razón pragmática e intelixencia práctica. No pragmatismo intelixente todo é transversalidade. O peor que nos pode acontecer é un goberno entregado ao dogmatismo. E onde é que poden encontrar as novas voces o seu caladoiro electoral?  O abstencionismo. O abstencionismo é unha oportunidade. O abstencionismo existe alí onde non se comunga con nada do ofertado. E de certa lóxica suxerir que quen se abstén está á agarda de algo diferente.  Os partidos sen representación no parlamento galego poden traballar o electorado cuxa desafección co establishment os levou a quedar na casa, escoitándoos e presentándolles alternativas á abstención. Convencéndoos de que o simple feito de involucrarse pode marcar diferenzas; ou sexa, facer que sintan a utilidade do seu voto, a forza e importancia do seu voto. Que saiban que a súa voz fala máis alto cando se expresa nas tranquilidades do silencio útil das urnas. Rachar coa apatía que os levo á crenza de que tódolos partidos e políticos son iguais: Ladróns, corruptos, vividores; ou sexa, mafias organizadas. E tamén, convencelos -partindo da verdade- que ollar as alternativas non lles esixe renunciar aos seus principios e valores, porque o voto só se presta, nunca se da. O voto teu sempre ha ser teu. Pola súa condición de transversal, é necesario que o voto galeguista de centro-dereita atope a súa propia voz e se desamarre do PPdeG e mais do abstencionismo.  
 
O abstencionismo e mailo voto incómodo non son un problema, son o síntoma máis visible dun problema de credibilidade, que é do que se alimenta o abstencionismo e maila desafección.  No abstencionismo perdemos todos. Na desafección morremos todos. Nunha sociedade onde as voces políticas son alleas á transversalidade, a maioría social nunca ha ser representada. Mesmo, pódeselle chamar democracia a aquilo onde a maioría social non está representada?
 

Eleccións
Eleccións | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Vázquez Nado en 1957, na aldea do Zapatal, parroquia de Santa Mariña de Xuño, concello do Porto Do Son. Con 17 anos emigra aos EE.UU. Estuda informática na Kean University. Actualmente exerce de informático en New Jersey. O seu blog: http://xoangvazquez.blogspot.com/