O colector de lixo mariño de Afundación no porto en Ferrol acumula oito toneladas no que vai de ano

Con este proxecto da Obra Social de Abanca búscase contribuír á conservación da biodiversidade mariña, á vez que se promove a sustentabilidade no sector

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/10/2024 | Actualizada ás 17:58

Comparte esta noticia

O colector de lixo mariño instalado por Afundación no porto de Ferrol acumula oito toneladas recollidas no que de ano.

O último baleirado deste colector de cinco metros cúbicos foi dunha tonelada e media. Nesta iniciativa colaboran os pescadores da confraría de Ferrol no marco do Plan de Conservación Territorial-ON (Plancto).

Con este proxecto da Obra Social de Abanca búscase contribuír á conservación da biodiversidade mariña, á vez que se promove a sustentabilidade no sector.

Aparellos de pesca, cordas, aboias e redes son algúns dos residuos que se recolleron. En total, a iniciativa leva en marcha desde mediados de 2023, desde entón son 14 toneladas as que se retiraron.

Colector de lixo en Ferrol
Colector de lixo en Ferrol | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta