Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2025 | Actualizada ás 18:43
A Xunta de Galicia activou a alerta nivel 1 por altas temperaturas en diferentes puntos de Galicia, no marco do Plan de Actuacións da Xunta. O episodio arrinca este martes, 17 de xuño, cunha previsión de duración de catro días. Segundo informa Meteogalicia, as altas presións permanecerán estacionarias ao norte da península Ibérica durante esta semana.
Desde esa posición, achegarán a suficiente estabilidade para que o predominio sexa de ceo despexado. Ademais irán atraendo unha masa de aire moi cálida, procedente do sur da península Ibérica e do norte de África, o que ocasionará un importante aumento nas temperaturas.
Este aumento significativo nas temperaturas comezou o luns e estenderase ao resto de Galicia desde este martes. Eses elevados valores de temperatura ocasionarán avisos por temperaturas máximas extremas nos próximos días, con temperaturas que poderán superar os 34ºC ou 36ºC, quedando mesmo na contorna dos 40ºC en puntos de Ourense e de Pontevedra nas xornadas de martes e mércores.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.