Faro de Vigo carga contra Podemos e algúns nacionalistas

O diario do coñecido Grupo Moll publica este domingo unha editorial política, algo moi pouco frecuente nel. Faro de Vigo critica “la superficialidad de los nuevos tiempos políticos” y, en particular, varias das actitudes dos novos diputados de Podemos nas Cortes.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/01/2016 | Actualizada ás 18:15

Comparte esta noticia

“Al Congreso llegaron diputados en bicicleta, como a una marcha cicloturista. Otros acompañados de fanfarrias, como acceden los toreros a la plaza. Las fotos las acaparó el bebé de la gallega Bescansa plantado en el hemiciclo como reivindicación feminista, un guiño nada original aunque quienes lo promueven pretendan erigirlo en el colmo de la frescura. Ya hubo diputadas que lo hicieron en 1991”, posiciónase a cabeceira do Grupo Prensa Ibérica.

Javier Moll, propietario do grupo que controla Faro e La Opinión
Javier Moll, propietario do grupo que controla Faro e La Opinión

Faro de Vigo, e o seu compañeiro de grupo en Galicia, La Opinión, son considerados como cabeceiras tradicionalmente máis próximas ao PSOE que ao PPdeG. De feito, o diario olívico mantén unha boa relación coa alcalde Abel Caballero.

Na editorial de hoxe non toma partido por ningún dous dos actores do bipartidismo, pero carga tanto contra varios dos seus rivais. Arremete tanto contra a formación de Pablo Iglesias como contra os nacionalistas, aínda que sen citar aos galegos. Si critica ao novo presidente da Generalitat, por non xurar fidelidade a El Rey ea Constitución por liderar “un gobierno trilero” que ampararía a corrupción e os que buscan cambiar o sistema. 

A editorial chega no mesmo día no que Faro publica unha entrevista co presidente da Xunta. Alberto Nuñez Feijóo fuxe de novo de confirmar de ser vai ser candidato nas autonómicas e mete presión ao PSOE para que acepte a chamada ‘gran coalición’. Pacto PP máis PSOE que, tendo en conta a editorial deste domingo, tamén parece ser a aposta deste grupo, un dos máis importantes en España no referido a prensa local.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

2 tino

O mesmo panfleto pepeiro e "antigallego" subvencionado cos nosos cartos q la voz antigallega...

1 Gamela

"Arrimarse al sol que más calienta" é a política editorial do Grupo Prensa Ibérica e ademáis é especialista en promover operacións de especulación inmobiliaria alí onde publican os seus libelos... (en Vigo o Barrio do Cura segue en mans dos Bancos que agora teñen os terreos mellor situados no corazón de cidade por menos de 10 millóns... unha ganga!) / Mentres Abel dende o Concello segue untando con publicidade as páxinas do Faro "amigo" ... // http://goo.gl/U9cQ9b

1 Gaitas do Nalón

Niso parécense moito aos dirixentes das mareas. Incluso acabarán renunciando a falar galego para "no perder votos". Claro que sol é moi cambiante e cando chegue o inverno...