Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2024 | Actualizada ás 13:02
Un condutor resultou ileso tras unha saída de vía co seu turismo en Carballo, segundo informa o Consorcio contra Incendios tras unha actuación dos bombeiros do parque provincial.
En concreto, foi sobre o sete da mañá cando recibiron o aviso dun accidente na DP19-14, á altura da parroquia de Entrecruces.
A incidencia foi ocasionada por unha saída de vía dun turismo sobre a marxe dereita da calzada. O condutor resultou ileso e non precisou ser liberado nin recibir asistencia sanitaria.
Ademais, os bombeiros do parque provincial de Santa Comba, na Coruña, foron alertados pasadas as 19.30 horas do domingo, día 27, dunha colisión entre dous vehículos na avenida de Brasil do devandito municipio.
Na incidencia, dous turismos chocaron na AC-400 en dirección a Pereira. O operativo, consistiu na asistencia ás vítimas, a sinalización do sinistro e a desconexión das baterías. Non foi preciso liberar aos ocupantes dos vehículos e servizo foi completado por Protección Civil de Santa Comba e Garda Civil de Tráfico de Corcubión.
Tamén, os bombeiros do parque provincial de Betanzos interviñeron preto das 08.00 horas deste luns nun operativo provocado por un accidente de tráfico na autoestrada AP-9 dirección Santiago, á altura do punto quilométrico 24, no Concello de Abegondo.
Nesta incidencia estivo involucrado un só turismo e a persoa ocupante non quixo asistencia sanitaria, segundo apunta o Consorcio contra Incendios.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.