O temor que ven co vento

As advertencias de Touriño puxeron en garda ao BNG...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 28/12/2008 | Actualizada ás 20:45

Comparte esta noticia

Unha advertencia que vai dirixida aos seus socios porque "están dando moita munición ao enimigo" (en alusión ao PP e a determinados medios de comunicación). "E a crise, e un goberno dividido a tres meses duns comicios, non é nada bo nin para eles nin para nós"..."Non vaia a ser que, ao final, a ventaxa que hai co PP non sexa tal e quedemos a dúas velas".

E é que na dirección nacionalista hai certa incomprensión pola actitude socialista, especialmente, pola proximidade das eleccións, e cren que Touriño está sendo "mal aconsellado" e "caendo nas trampas de certos medios".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 46 comentarios

26 Antitaurino

O vento do cambio chámase BNG.


Quintana ven de banderillear ao torete, que anda cun ataque de cornos que non vexas.

25 ambiental

A miña conclusión deste proceso e que BNG e PSOE non están capacitados para compartir o goberno de Galicia; eu non teño críticas a resolución final do concurso eólico, pero o que vexo incrible e o decreto eólico. Como estes dos partidos non son quen de gobernar conxuntamente, perverten o proceso administrativo e dan autorizacións que xeran dereitos obxectivos que despois teñen que ser avaliadas medioambientalmente. Ou sexa, levou tantísimos anos que as obras públicas fosen precalificadas polo seu impacto mediambiental e agora o goberno de esquerdas adxudica os proxectos sn ter ese informe ¿quen vai pagar as indemnizacións de este concurso ás empresas? nós, os galegos, que pagaremos as desfeitas destes dous partidos infantís

24 bule bule

Sombra, e o SOE o que quere sustituir ó PP ó fronte do Cacicato. Mira por exemplo o que está a pasar có voto exterior. Ti non serás dos inxenuos que cre que custa tanto poñer unhas urnas no consulados para que a xente poida votar?? Polo que dis, parece que si.

O de que o Bloque é de dereitas, o dis ti.

Que gran paisaxe galego, rapaz?? Os montes e montes inzados de eucaliptos?? Si señor...todo autóctono dende sempre. Seguro que o fixeron infiltrados do Bloque no PP durante décadas.

Que pasou en Vigo, Sombra?? Eu son vigués e se queres douche unhas cantas leccións sobre certo xerente de urbanismo que foi colocado alí no 2000 polo SOE e que no 2003, ó mesmo partido, non lle valía? Mesmo para chamar os concelleiros do BNG o seu despacho para ameazalos senón votaban o que decía el. Queres que che ilustre??

O que se ve, é a un Touriño totalmente sobrepasado polo Bloque. Certamente, non é o papel que tiña reservado para ó BNG. Seguro que pensaba que para traer os cafés estaban ben. E resulta que os cafés o está traendo el.

Por certo, unha das cousas que foi moi criticada neste tema, foi a presenza de Quintana ó carón do Conselleiro. Teñen razón. Alí tiña que estar Touriño dando a cara xunto a un conselleiro que sufriu tremendas presións e acusacións nestes días para darlle apoio. E non estaba. Sempre os conselleiros do Bloque estiveron sós cando se necesitaba a axuda de Touriño.

Anda Sombra, non te metas en conversas de maiores.

23 A sombra do vento

O Psoe pula pola conservación do litoral, polo urbanismo responsable, pola paisaxe pola eliminación do feísmo; pola cultura e a educación sen atavismos, polo idioma, pola liberación de peaxes.
Por liberar a este vello país das redes caciquís tan arraigadas e que tenta agora captar pra sí o BNG.O PSOE quere dar dignidade a este vello país,afortala-la súa cultura con maiúsculas e abandona-lo chocalleiro que tanto presta a PP e BNG.
¿Empeza a ser de dereitas o BNG? ¿Qué pensan desta indecente deriva ideolóxica Beiras, ou Camilo Nogueira?
Van inzar de muíños a nosa paisaxe, o gran valor galego.
O BNG pode chulear e extorsionar ó PSOE, claro que sí, pero mirade o que pasou en Vigo. Boa sorte!! Tamén haai quen pensa que Quintana volverá ser vicepresidente, pero de Feijóo e logo diso o BNG proxecto común de tantos durante un cuarto de século esluirase

22 Luou

aínda así seguro que lle fixo ver ao vello que el traballaba a prol dos intereses do PSOE, cando realmente traballaba para si.