Marexada entre o quintanismo

Non gustou nada a proposta de lista feita pola Executiva entre boa parte dos quintanistas...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 29/12/2008 | Actualizada ás 22:30

Comparte esta noticia

Na Coruña, finalmente, irá de número dous Ana Belén Pontón; a quen moi poucos quintanistas consideran unha muller de peso para acompañar a Quintana nesta candidatura. E en Pontevedra, e a pesar de que se anunciaba a súa retirada, segue Bieto Lobeira. Ademáis non vai en postos de saída Roberto Mera, quen ao ter que competir con Quico Paz na mesma comarca, quedou por detrás deste e moi lonxe de postos de saída.

"A ver como xustifica agora Quintana iso da renovación", apunta unha fonte consultada en referencia Lobeira, que en marzo cumprirá 13 anos na Cámara galega. "Na lexislatura pasada, moitos que levaban oito pasaron a outra vida". "A ver como se xustifica o de Ánxela por Ana Belén Pontón", indica outro quintanista. "Está claro que Quin deixou facer á U para que logo non lle toquen o goberno", apunta un terceiro.´E é que, ao parecer, se o BNG volta ao goberno, será Quintana quen teña máis poder de decisión para configurar o executivo, especialmente, a titularidade dalgunha nova consellería.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 102 comentarios

52 tinto

As do BNG serán como sempre as mellores listas que se resenten ás eleccións. O que non entendo é que se prescinda de xente tan válida como Ánxela e se desaten sospeitas de que non é por falta de tirón ou capacidade.

51 Emilio

Xente preparada no BNG non hai moita, non, dou fe. Pero si fai falla pode collerse do PP, como a delegada do BNG na baixa Limia. Viva a coherencia

50 Luis

non estou moi en liña con Guti. Polo que me teñen contado xentes que conocen mellor o tema, os candidatos comarcais propostos no BNG son bastante malos. Xa non é cuestión de formación si non de capacidade política. É normal, nunha formación con poucos militantes ou afiliados é moito máis difícil facer unha boa lista con xente preparada que no PP que os barre por completo en todos os campos.

49 Guti

cando falo de perfís máis formados académicamente sempre teño en mente a xente como Iago Tabarés ou a Carlos Aymerich e non a profesores universitarios, que de corenta ou cincuenta que atopes con sorte catro ou cinco pagan a pena.
Sei que no BNG hai moitísima xente moi preparada para traballar nos difíciles eidos da cousa pública. Por iso non é entendible que as listas promovan candidatos con moitas eivas para loitar dialécticamente cos deputados conservadores e socialistas. Non todos eles son tan inútiles como o socialista Lage Tuñas ou o popular Gómez Alonso, por iso precisamos aos mellores para defendermos con garantías os principios do nacionalismo galego.

48 Guti

Resentido, o que precisamos é un BNG con capacidade de aglutinar a distintas sensibilidades de galeguistas, ao groso da maioría social galega que sinte o país por riba doutras consideracións máis ideolóxicas. Non fai falla botar a ninguén senón traballar dende posicións moderadas, centristas onde se poida dar cabida a moitos galeguistas de corte centrista e conservador. Iso non o poderemos conseguir namentres sigamos a adorar ao becerro de ouro da estrela vermella. Sen decatarnos de que todos sumamos e non é preciso poñer chatas a outras sensibilidades non poderemos poñer os alicerces dun verdadeiro movemento nacionalista galego. O BNG, partindo de onde partiu, tén vocación de liderar un movemento social de maioría galeguista e transformadora da actual realidade galega. Non haberá quen se apunte ultimamente ao carro, máis que para tirar del, para subirse a el, pero isto non nos pode levar a errar no noso obxectivo. Noutro tempo loitabamos entre nós con distintas opcións que diluían as nosas forzas. Seguimos a precisar unha casa común por riba de ideoloxías moi escoradas que non nos faga atractiva a militancia no nacionalismo.
Amarante atina ben na súa análise pero outras opcións deben ser promovidas no futuro. As asembleas comarcais carecen de moita lexitimidade en moitos casos e coñecemos máis dos precisos. Algúns membros comarcais elixidos para iren nas listas autonómicas mesmo chegan a dicir que saíron elixidos por non haberen máis propostas alternativas cando eles "precociñaron" todiño. Moitos non se saben se van cos da feira (UPG) ou voltan cos do mercado (Quin). Maioritariamente son xente pouco formada académicamente, perfís políticos baixos, experiencia profesional moi cativa para mereceren un posto no parlamento galego.
Non estou dacordo en que nin Quin nin a UPG queiran un grupo de parlamentarios incompetentes, o que ocorre é que entre os seus máis afectos abundan os que máis lle rin as gracietas e lles comungan as súas rodas de muíño, nomeadamente, a Paco Rodríguez, verdadeira besta negra dun nacionalismo galego incluínte de distintas sensibilidades e ideoloxías e verdadeiro promotor do sectarismo máis excluinte, e de onde beben directamente algúns dos deputados menos competentes que xa citei.
A depuración que teñen levado a cabo con Ánxela non tén cabida nunha forza democrática. Se o seu posto vai ser ocupado por Pontón na lista vai ser máis rendible sentarse ao carón dun muiño e ver correr a auga. Se o seu posto na Consellaría o vai ocupar Paco Rodríguez Deus nos pille confesados. Botaremos en falla a Pérez Varela.