Marexada entre o quintanismo

Non gustou nada a proposta de lista feita pola Executiva entre boa parte dos quintanistas...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 29/12/2008 | Actualizada ás 22:30

Comparte esta noticia

Na Coruña, finalmente, irá de número dous Ana Belén Pontón; a quen moi poucos quintanistas consideran unha muller de peso para acompañar a Quintana nesta candidatura. E en Pontevedra, e a pesar de que se anunciaba a súa retirada, segue Bieto Lobeira. Ademáis non vai en postos de saída Roberto Mera, quen ao ter que competir con Quico Paz na mesma comarca, quedou por detrás deste e moi lonxe de postos de saída.

"A ver como xustifica agora Quintana iso da renovación", apunta unha fonte consultada en referencia Lobeira, que en marzo cumprirá 13 anos na Cámara galega. "Na lexislatura pasada, moitos que levaban oito pasaron a outra vida". "A ver como se xustifica o de Ánxela por Ana Belén Pontón", indica outro quintanista. "Está claro que Quin deixou facer á U para que logo non lle toquen o goberno", apunta un terceiro.´E é que, ao parecer, se o BNG volta ao goberno, será Quintana quen teña máis poder de decisión para configurar o executivo, especialmente, a titularidade dalgunha nova consellería.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 102 comentarios

42 pnn

A ver, temos o caso da conselleira de María Caride. A universidade, para os que tanto apregoan as excelencias de levar nas listas profesores, etc, é dos lugares máis pechados, opacos, e onde o nepotismo é quen manda e non a capacidade intelectual. Poñanme vostedes nomes de profes de universidade cun mínimimo coeficiente intelectual, haberá, pero poucos.

Calquer que coñeza a univ por dentro sabe como é isto...e, por certo, así lle vai ás unis galegas con eses luceros que temos dando aulas...A cuestión é entrar no departamento...despois a "posición" nunha sociedade cada vez máis infantilizada xa fai con que a xente diga ooooh, profe de uni, oooh..

41 Amarante

Calquera que coñeza mínimamente o BNG por dentro sabe, de sobras, o seguinte :
1.- As listas electorais aprobadas pola executiva (o que queda dela) respostan exclusivamente ao pacto entre Quin e o seu aparello institucional e máis a UPG.
As asembleas comarcais previas son un monumental e, en moitas ocasións, escandaloso paripé (a da Coruña foi penosa).
2.- Quin e o grupo no que se apoia (un núcleo carente de ideolocía e sen máis coesión interna que a súa dependencia da institución-Xunta)xamáis vai enfrentarse á UPG, nin ésta a Quin. Os dous sectores necesítanse mutuamente. O resto do BNG, sobra. Teñen asumido que Encontro Irmandiño,MpB, etc, deben ser excluidos do proxecto (millor se se van e se non se van, illados). O BNG debe deixar de ser unha organización asemblearia para ser unha organización de apoio ao goberno, na que Quin-UPG manexen ao seu gosto.
3.- O único e exclusivo mérito dalgunhas das persoas que van sair deputados/as é ser fiel a Quin e á UPG.
¿ Para qué vai querer Quin e a UPG un grupo parlamentar de xente políticamente competente ?. Para nada.
4.- ¿ Van explicar algunha vez Quin-UPG o seu proxecto para a cibdade da cultura ?.
Anxela Bugallo era merecente de cese pero non é políticamente xusto que ela asuma en exclusiva o que é unha responsabilidade compartida pola dirección do BNG (Quin-UPG).
¿ Porqué Quin cala, de xeito escandaloso, sobre a cibdade da cultura no seu recente libro, por outra banda políticamente patético, de entrevista con X.L Barreiro ?.
5.- O BNG carece, hoxe en día, de ideoloxía transformadora. O goberno e os intereses de goberno é quén máis ordena.

40 paco bañez

poderes y poltronas

¡A galopar, a galopar,
hasta enterrarlos en el mar!

Nadie, nadie, nadie, que enfrente no hay nadie; que es nadie la muerte si va en tu montura. Galopa, caballo cuatralbo, jinete del pueblo, que la tierra es tuya.

¡A galopar, a galopar,
hasta enterrarlos en el mar!

39 Resentido

Resposta a Guti.
Para facer unha CIU do BNG primeiro hai que mandar para a casa a toda a sua militancia. O BnG fíxose desde a esquerda é segue a ser unha forza con cultura de esquerda. Outra cousa é o que queren que sexa certas persoas que por certo son as últimas en chegar. os centristas do BNG acordaronse do Bloque cando este poido dar postos na Xunta.

38 Guti

estou dacardo contigo "asectario" no tema de ir de interventor ou apodeirado ou o que sexa. Que vaia o Quin, o Paco Rodríguez, o Lobeira, o Vilameá, a Pontón e todos estes do montón, mais non por iso vou deixar de votar as miñas ideas.
Dos poucos que manteñen alto o nivel nos debates da TVG é Aymerich. O resto son duns recursos ben limitados practicamente todos. O caso máis sangrante é o de Lobeira que pode facer toda caste de "chascarrillos" frases enxeñosas e recitais de principios políticos que queira mais á hora de facer unha análise seria e rigorosa dos problemas e propor solucións é dunha incapacidade clamorosa, por non dicir cousas máis grosas. Xa que Paco Rodríguez di que na UPG hai moitos cadros con gran preparación que nos amose cales son as xoias da coroa. Eu non as vexo por ningures. Por outra banda, se as listas destas autonómicas son coma as de hai catro anos, imos seguir nas mans de enfermeiros, sindicalistas e funcionarios de nivel C. Renovación segue sendo unha verba que non entra no diccionario BNG. Non me resigno a que o nacionalismo seña unha forza política anana, pacata, diminuta, demasiado escorada, sectaria e endogámica. Aspiro a que o BNG sexa unha forza centrada que dea acubillo á gran maioría social galeguista que está a votar ás delegacións galegos dos partidos estatais tanto de centro dereita como de centro esquerda. Se eses partidos só tivesen os votos dos xacobinos, centralistas e monolingües en castelán, a composición do parlamento sería ben distinta e estariamos a falar dunha CiU galega con sectores de centro esquerda e de centro dereita galeguistas. Mais iso non o permitirá a UPG que tén a Quintana baixo vixiancia domiciliaria. Ao tempo.