Marexada entre o quintanismo

Non gustou nada a proposta de lista feita pola Executiva entre boa parte dos quintanistas...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 29/12/2008 | Actualizada ás 22:30

Comparte esta noticia

Na Coruña, finalmente, irá de número dous Ana Belén Pontón; a quen moi poucos quintanistas consideran unha muller de peso para acompañar a Quintana nesta candidatura. E en Pontevedra, e a pesar de que se anunciaba a súa retirada, segue Bieto Lobeira. Ademáis non vai en postos de saída Roberto Mera, quen ao ter que competir con Quico Paz na mesma comarca, quedou por detrás deste e moi lonxe de postos de saída.

"A ver como xustifica agora Quintana iso da renovación", apunta unha fonte consultada en referencia Lobeira, que en marzo cumprirá 13 anos na Cámara galega. "Na lexislatura pasada, moitos que levaban oito pasaron a outra vida". "A ver como se xustifica o de Ánxela por Ana Belén Pontón", indica outro quintanista. "Está claro que Quin deixou facer á U para que logo non lle toquen o goberno", apunta un terceiro.´E é que, ao parecer, se o BNG volta ao goberno, será Quintana quen teña máis poder de decisión para configurar o executivo, especialmente, a titularidade dalgunha nova consellería.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 102 comentarios

37 asectario

Eu téñoo claro, o BNG non é o que estou vendo. Por qué non se fixo un consenso, porque se excluiu deliveramente a todo o que non fora Quintanismo, UPG e adláteres decorativos do CONAS? Pois non se fixo porque non pensaron nin en Galiza nin no BNG, pensaron no seu cuiño e en acaparar o partido e o poder conseguinte na Xunta. Polo tanto este vez eu non voto BNG fixo e por suposto de interventores que vaia os delegados que si parte da militancia sobramos para unha Asemblea Nacional tamén sobramos para ir a facer o parvo nas mesas electorais e pegando carteis ou coas bandeiriñas nos mitines de Quin.

36 Un

Guti, non comparto para nada a túa opinión sobre o que se ve nos debates da Galega, onde eu comporbo unha e outra vez as malleiras de Aymerich a un Alfonso Rueda incapaz ou a un rego e un Varela encorsetados no seu papel de gobernantes politicamente correctos. O mesmo Lobeira, se domina as ganas de entrarlle ao da Cope, é de destacar. Realmente miras un debates que eu non vexo: non dirás o de xente preparada polos do PP e do Psoe de Ribeira, non?

35 Guti

non é condición algunha posuír titulación académica algunha para traballar a prol das ideas propias mais creo que no BNG hai moita xente moito máis preparada que Lobeira, Pontón, Vilameá e moitos outros. O que están a facer, e sábeno ben, é poñer o freo a que moitas capas de xente galeguista se decida a achegarse ao BNG e, por suposto, deixar en inferioridade de condicións ao BNG á hora de loitar contra o PP e PSOE. Éstes contan con deputados e candidatos moito máis fornecidos de formación académica que é unha das principais ferramentas dun deputado. Non se andan con chiquitas e o seu plantel está ateigado de avogados, doutores, catedráticos, enxeñeiros, etc. Evidentemente se seguimos nestas non nos quedará outra que seguir levando malleiras unha tras outra como adoitamos ver nos debates da TVG, poñamos por caso. Se ademáis propoñemos a individuos como Lobeira a defender as ideas nacionalistas no canto de candidatos do perfil de Iago Tabarés, non seremos quen de tirar de enriba o tópico de forza radical e minoritaria, incapaz de chegar ás capas máis centradas da sociedade.

34 pedro

Estou vendo que algun empeza a mexar fora do tiesto. Non sabia que habia que ser licenciado ou doctorado para ter unhas ideas e loitar por elas.
Outro tema moi diferente e estar por unha renovacion e que os cargos non sexan vitalicios.

33 Farto

Quanto mais leio aos "críticos" mais gosto da UPG e do regional-quintanismo. E mira que eu são anti-upg, meus.