Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 09/12/2024 | Actualizada ás 21:00
A atleta galega Ana Peleteiro, campiona de España e medallista olímpica de triple salto en Tokio 2020, denunciou nun vídeo publicado na súa conta de Tik Tok que sufriu agresións sexuais e maltrato psicolóxico por parte dunha ex parella, á cal non identifica polo seu nome (aínda que as redes xa teñen as súas especulacións: Nelson Evora). "Espertaba polas noites tendo relacións sexuais sen consentimento, e aínda así quedeime. Cambiei absolutamente todo de min, dende a vestimenta ata o pelo, a forma de actuar coa miña familia. Conseguiu distanciarme de moitísima xente, e aínda así quedeime", confesa.
A súa intención con este 'trend' que están a compartir moitas famosas nas súas redes sociais, baixo o título de 'e aínda así quedeime', como di ao comezo do vídeo, era conseguir "que outras nenas non se queden, alo menos non tantas veces". E polo que se pode apreciar nos comentarios da súa publicación, logrou sacar á luz unha realidade: a gran cantidade de mulleres (e tamén homes) que pasan por situacións semellantes estando en parella e que, aínda así, teñen unha dependencia emocional tan grande que non rompen a relación.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- A CIG e Anpas Galegas denuncian unha "marcha atrás" nos valores da educación tras as instrucións da Xunta
- A muller asasinada na Coruña pola súa parella estaba no sistema VioGén
- Varios feridos tras unha colisión entre dous vehículos en Lousame
- Controlado o incendio declarado este domingo en Lalín, e que afectou finalmente a 3,5 hectáreas
- Rescatadas tres persoas tras envorcar cos seus kaiaks na Illa de Arousa
- Veva e Patri, avoa e neta colareiras que arrasan en redes: "Quero ser coma miña avoa, ten 90 anos e semella ter 20"