Temas: DESAPARECIDO

Encontran unha muller desaparecida en Bande e que estaba agochada entre silvas

Foi evacuada a un centro de saúde do municipio para que os profesionais sanitarios avaliasen a súa situación.

Por E.P. | OURENSE | 13/12/2024 | Actualizada ás 13:31

Comparte esta noticia


Os membros do GES de Muíños rescataron unha muller tras pasar a noite á intemperie.

Segundo informou o 112, apareceu tendida nunha matogueira despois de que a Garda Civil estivese a buscala desde as 20.00 horas da tarde anterior.

Preto das 10.00 horas deste venres, os axentes informaron a través do 112 Galicia da localización dunha muller que desaparecera dunha residencia en Bande.

Indicaron que estaba tirada nunha matogueira e necesitaba axuda dos efectivos de rescate e salvamento. Así, desde o 112, avisouse ao GES de Muíños, quen rescataron a muller e facilitaron o seu traslado ao centro médico máis próximo. Precisamente desta evacuación, ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Máis tarde, os efectivos da Garda Civil explicaron que a señora se marchou este xoves dunha residencia de Bande e que desde entón estiveron na súa procura, ata que esta mañá foi localizada, no camiño entre o ceminterio e o xulgado.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: Europa Press - Arquivo

Temas: DESAPARECIDO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta