O TSXG anula a parte do convenio dos traballadores de Coca Cola

A empresa Begano, distribuidora desta bebida, terá que equiparar salarialmente aos seus traballadores, tras acordar que os contratados a partir do 2001 cobraran menos.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 27/02/2016 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anulou a parte do convenio colectivo de Begano, a embotelladora coruñesa de Coca Cola, que falaba sobre a dobre escala salarial que utilizaba a empresa para pagar a antigüidade aos seus traballadores.

Sede central de Begano, distribuiidora de Coca Cola, na Coruña
Sede central de Begano, distribuiidora de Coca Cola, na Coruña | Fonte: wikipedia

Deste xeito, o alto tribunal galego dálle a razón ao sindicado Comisións Obreiras, nunha demanda á que se adheriron UXT e CSI-CSIF contra Bebidas Gasosas do Noroeste (Begano). Deste xeito, o TSXG declara nula a escala salarial actual e acorda que os traballadores que entraron con posterioridade ao 2001 cobren os mesmo que os que tiñan contrato con anterioridade a esa data.

Desde hai cinco anos existía unha "dobre escala salarial no complemento de antigüidade" que CCOO pretendía que fose "igualitaria, con independencia da data de ingreso na empresa", o que finalmente conseguiu.

Nese convenio, decidiuse que a empresa abonara dous bienios do 5 por cento e sete trienios do 6 por cento" aos empregados contratados antes do 1 de xaneiro de 2001 mentres que o resto non recibiría ese complemento, senón que ten outro determinado por unha táboa revisada cada ano, que segundo CCOO é "considerablemente inferior".

A cambio, Begano aceptou no seu día incorporar a quince traballadores temporais, que pasaron a ser fixos, e promocionar a outro dezanove, o que cumpriu.

O TSXG recoñece, agora,  que a empresa respectou o acordo, pero observa unha "diferenza de trato" e "non entende que a diferenza de trato estea xustificada" pois que "non ve razoable que se retribúa de diferente modo" e falla a favor dos demandantes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta