Por Ángela Precedo | PONTEVEDRA | 05/01/2025 | Actualizada ás 14:00
Aínda que Noiteboa xa foi alá, o Nadal aínda non rematou, e por iso dende o Galicia Confidencial seguimos contandoche algúns dos mellores plans que che ofrece Galicia para desfrutar destas festas en familia. Hoxe traémosche unha visita ás Aldeas de Nadal de Lalín, un conxunto de seis poboados con temática e ambientación de Nadal que encandilan a pequenos e maiores e que cada ano gañan máis e máis sona. E non é para menos! Casiñas a gran escala que albergan no seu interior moitas sorpresas engalanan diversas prazas da vila combinando tradición e fantasía no seu deseño. Moitas foron realizadas por artesáns locais e levan o nome dos mesmos e outras están feitas en homenaxe a figuras de recoñecido prestixio da historia da vila.
Aínda que o percorrido polas seis aldeas realízase facilmente a pé, pois están moi preto as unhas das outras, tamén existe a posibilidade de subirse a un tren turístico que as percorre todas e ofrece aos visitantes unha forma máis cómoda de desprazarse entre elas, á vez que descobre outros atractivos da vila. Ademais, este ano, como novidade, incorporouse unha zona gastronómica que combina a comida co ocio e a música, permitindo aos visitantes desfrutar dunha variada oferta culinaria nun ambiente festivo e protexidos do frío e das inclemencias do tempo ao abrigo dunha carpa. Este lugar está ao ladiño da Aldea da Música.
As Aldeas de Nadal de Lalín consolidáronse xa como unha das celebracións de Nadal máis emblemáticas de Galicia. Comezaron fai uns catro anos como un proxecto ideado e deseñado integramente por artesáns locais, utilizando materiais sostibles como a madeira e elementos reciclables. Pouco a pouco, a cousa foi crecendo, pero nunca se perdeu o seu sentido: promover a artesanía e a cultura local á vez que se ofrece unha experiencia festiva única, convertindo así a Lalín nun referente para o Nadal en toda Galicia. As Aldeas de Nadal estarán abertas ao público ata o 12 de xaneiro, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Cando o Papa Francisco avisou: "Se vou a Santiago, non vou a España. Que quede claro"
- Os fogos do Apóstolo custarán 520.000 euros ata 2026
- Galicia non terá a ningún cardeal na elección do futuro Papa
- A Xunta non sabe cando estará operativo o helicóptero avariado do 061
- O novo plan do Sergas para reducir as listas de agarda: que os centros de saúde fagan cirurxías menores en 2029
- O mal tempo deixa nun 58% a ocupación media en Galicia durante a Semana Santa