A Mesa acusa ao TSXG de querer "ilegalizar” os acordos a favor do galego

Esta entidade anunciará accións contra unha sentenza deste órgano á ordenanza lingüística de Lugo e anima á sociedade galega a mobilizarse.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 04/03/2016 | Actualizada ás 18:06

Comparte esta noticia

A Mesa pola Normalización Lingüística cualificou de “ideolóxica” a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)  contra a ordenanza de normalización lingüística de Lugo que foi aprobada por unanimidade polo pleno da corporación.

Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua
Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua | Fonte: queremosgalego.com

O TSXG pretende ilegalizar unha posición social maioritaria no conxunto do pobo galego, a de que a lingua propia de Galiza é o galego, que é o noso principal elemento de identidade colectiva, e que se atopa nunha absoluta situación de desprotección, aínda cunha lexislación que non mellor dos casos non se aplica e se vulnera constatemente”, denuncia esta entidade nun comunicado.

A través desta sentenza, este tribunal acordou que hai liberdade para a administración municipal utilizar o galego sempre que se manteña como lingua secundaria e que non se pretenda un mínimo estatus de igualdade. Por iso, a Mesa anunciará accións contra esta sentenza nos próximos días e animou á sociedade galega a mobilizarse e manifestar o seu rexeitamento.

“Con esta sentenza o TSXG refegarenega de ser de Xustiza e de ser de Galiza. Que xustiza hai nunha sentenza que pretende manter a exclusión histórica do galego, perpetuar a súa invisibilización e mantela e inaudíbel na administración local?”, preguntouse o Presidente desta entidade, Marcos Maceira.

“A maioría das galegas e galegos, falantes ou non de galego, queren a súa lingua e queren que a administración actúe para repola e rehabilitala, como pretendía facer minimamente o Concello de Lugo a través da ordenanza”,  suliñou. Ademais, lembrou que “foi aprobada por unanimidade en correspondencia coa posición manifestada por todas as forzas políticas ao aprobaren o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, ratificado en xullo na Declaración de Unidade promovida pola Mesa”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

8 Bautista do unto

Callón, ponte a traballar e deixa de tocarche os narices, que é o único que fixeches ata agora

1 Pilingui

Bautista, porco bravo, Callón xa non é presidente da mesa. E na túa frase o pronome persoal é -te e non -ch, a non ser que sexas ti quen llas estea tocando, pedazo de burro.

2 Xoana G

Callón deixa de emporcar esta páxina web e ponche a traballar...

7 nostrus

Ayer te estuve tomando unos chupitos de agua ardiente con la señora Lago, que te los destilo ella mismita y la verdade es que estoy sembrado. Como bien digi anteriormente el gallego te es un idioma inútil como te lo es inútil también el castellano. Todos sabemos que lo que se lleva es el injlish, sin el no te eres nada de nada. Asi que cada uno hable lo que quiere sin iposición desas. Decho a los niños en el culegio no le deberían enseñar ninguna asinatura que ellos no quieren sino no te son libres. Quien me dice a mi que pudeo beber o no puedo beber si conduzo... te vulneran mi libertad. Asi que por favore dejenos ser libres en nuestra ignorancia. Saludos

6 nostrus

O galego é unha lingua minoritaria e de moi excasa utilidade, agás que nos axuda un pouco na lusofonía, pero inda así, sendo casi inútil é unha lingua na que moitos galegos prefieren expresarse, por eso é oficial, polo ben dos galegos. Non hai que evanxelizar a sociedade lingüisticamente enganando a xente coas propiedades do galego, sinon que hai que garantir o seu uso debido a que é unha lingua oficial. Imaxinade que os católicos foran tan pelmas como os nacionáticos e reclamaran unha normalizacion cristiana para que aumentara o número de fieis e para elo puxeran como coartada as ventaxas de crer en Cristo. Que cada un fale o que lle pete e que lle rece ao que lle pete e si os naciotas lle queren rezar ao galego estan no seu dereito, pero que non obriguen a ninguén. Saudos

1 Bertiño

Nostrus, gustaríame que foses máis sincero e que máis alá de expresar prexuízos dixeras o que pensas abertamente. Dis que o galego é de escasa utilidade pero eu e centos de miles de galegos usámolo a diario, polo tanto é útil, aínda que en moitos ámbitos da nosa vida non poidamos desenvolvernos en galego e teñamos que aturar comportamentos hostís, xa non digo se reclamamos o seu uso. Pero gustaríame que dixeras a verdade: pensas que son un cidadán de segunda categoría por falar galego? Desexarías mandarnos a un gulag lingüístico? Podo ter os mesmos dereitos democráticos ca ti?

2 teutonio

O que é de "excasa utilidade" é non saber ortografía. O galego ten a mesma utilidade que o estonio, o alemán ou o wolof, comunicar ideas a un grupo de persoas que entendan, identificar a ese grupo e diferencialo de outros. O que realmente é inútil é ser parvos, lacaceiros ou con graves prexuízos e pretender descoñecer unha lingua do país no que vives en base a criterios prácticos e supremacistas e so falarmos unha porque total xa me entenden... Os que defendedes a ignorancia e os prexuízos sodes vos... ogallá cada un puidese falar como nos pete e os nenos e as señoras galegofalantes non mudasen de lingua ao saír da escola ou entrar no Corte Inglés ou nunha entrevista de traballo. E deixa de facer o ridículo comparando a política lingüística e a relixión no ano 2016. Desde a ilustración esta segunda fica na esfera persoal.

5 Medidas urxentes 1

Non é para tanto. A Mesa gosta moito de se laiar. Co marco legal que temos pódense facer unha chea de cousas. O terreo que hai que recuperar ao castelán ten que ser por outra vía. A primeira é presentar o galego como unha lingua útil, poderosa e internacional, confundíndoa cada vez máis co portugués-brasileiro. Aplicar a lei Paz Andrade, máis galego nos medios escritos, máis portugués na escola e na tele (emitir RTP e Radios potuguesas), Xa sabemos que o que fai débil o galego é a mesturanza co castelán, o concepto de "lingua rexional" e pequerrecha, así como o pouco prestixio social.

1 Medidas urxentes 2

Moita pedagoxía e moita sedución, menos sensación de imposición, que non se note moito -hai que ser fino e raposeiro, como son eles contra o galego-. Disfrazar o puño de ferro en luva de seda, en positivo, ocultar o discurso pesimista e as cifras negativas que as dean outros. Aparentar unha non-inmersión pero facer inmersión de facto na escola (volta ao decreto 2007). Sen publicitar as medidas, todo canto máis en segredo mellor e con cortinas de fume se é necesario, como fai o PP.

2 nostrus

Te reto a que me digas que ganaria la sociedad gallega estirpando al idioma español y echarlo fuera de Galicia, ¿de verdad crees que saldriamos ganando?. Dime tambien porque no te parece suficiente con garantizar que use el gallego todo aquel que lo desee. Lo vuestro solo obedece a una mania sin ningún tipo de ventaja. El gallego es una de las lenguas propias de la sociedad gallega.

3 Galego normal

Dicir que o portugués é unha lingua "poderosa" cando só é falada no terceiro mundo é trabucarse moito. Imperialismo portugués nunca.

4 teutonio

Dicir que o castelán ou o hindi son linguas poderosas cando só son faladas no terceiro mundo é trabucarse moito... pola contra, nese terceiro mundo do que falas hai grandes oportunidades de negocio. So en Brasil hai 100 millóns de persoas na clase media e alta.

4 Montesío

Independencia.