Chaman aos galeguistas de Compromiso por Galicia a resistir “no seu castelo da Frouxeira”

Un membro da Executiva local de Compromiso por Galicia (CxG) critica duramente aos militantes desta formación que "a cambio de fáciles postos nas candidaturas políticas" queren "traizoar" a esta formación.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 08/03/2016 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

César Pazos, membro da Executiva local de Compromiso por Galicia (CxG) en Vigo acaba de publicar un artigo no GCAberto no que fai un símil co considerado último gran nobre galego e anima a esta formación a “resistir no seu castelo da Frouxeira ideolóxico”.

Candidatura de CxG nas pasadas eleccións municipais en Vigo
Candidatura de CxG nas pasadas eleccións municipais en Vigo | Fonte: CxG

A través desta sección aberta a lectores e asociacións, Pazos di que ese peche ideolóxico serviralle a CxG “para darse tempo a medrar e espallarse por toda Galicia”. Unha clara alusión a necesidade de non converxer con ningunha formación e presentarse só as vindeiras autonómicas.

Por iso, tamén utilizando metáforas, critica aos “os novos Rois Cafanos de Valedouro que pretenden a destrución ate os cimentos de Compromiso, como no seu tempo fixeron co Castelo da Frouxeira, a cambio de fáciles postos nas candidaturas políticas dos novos lanceiros das forzas que veñen polo Padornelo co capitán Mudarra ao fronte”. Unha clara alusión ao sector deste partido que aposta pola súa confluencia coas mareas tal e como, ademais, recollen nun manifesto.

“Os galegos que non teñan fe nas capacidades propias de Galicia deben abandonar este novo Castelo irredento da Frouxeira que é Compromiso por Galicia (CxG), sen miserables traizóns”, apunta neste artigo que se pode ler íntegro no GCAberto

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

3 nostrus

¿Que es ser galleguista? . Si galleguista es ser amante de Galicia y querer lo mejor para los gallegos, entonces yo soy galleguista. Pero si ser galleguista es fanatizarse y encerrarse en Galicia, renegar e ignorar al resto del mundo, entonces yo no soy galleguista. Si ser galleguista es bueno, tambien lo será ser españolista, porque ambos conceptos caminan a la par y no puede ser que sea bueno uno y malo el otro. De todos modos tanto el galleguismo como el españolismo me parecen sentimientos un poco exagerados.

1 Españolistas dades noxo

Ser galeguista é protexer a cultura e economía propias, que é algo do que ti "pasas", xa que estás moi feliz coa imposición do castelán e outras construcións foráneas (véxase portos, explotación de montes etc.). Ti o que es é un nacionalista clásico.

2 nostrus

Enton ti estaras contra a Muralla de Lugo que foi feita por romanos, contra o rio Sil por orixinarse fora de Galicia e contra a imposicion do euro por igualarnos con toda Europa. Os DDHH din que a cultura practícase de xeito voluntario, pero eso os separatas non o saben. dades noxo, mágoa e risa ao mesmo tempo.

2 Moito xefe e pouco indio

Un chiringo montado por xente oportunista ía durar o que durou. Do Bascuas afirmando que xa eran a cuarta forza política cos transfugas que marcharon con el máis Terra Galega e perdonandolle a vida a Beiras dicindo que ainda tiña tempo de sumarse a el ao abandono de Terra Galega e o abandono de todos asi que cheiran postos. Falta que Podemos queira darllelos.

1 eusi

Épica oitocencista para non dicir nada, e ir até o precipicio. En fin, despois non choromiquedes!