A Xunta aposta polo turismo de casinos para atraer visitantes

Feijóo di que é “unha reclamación histórica do sector” e un "polo de visitantes" para Galicia que permitirá crear “moitos postos de traballo”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/03/2016 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

O Goberno galego acaba de aprobar un novo regulamento que permitirá abrir máis dun casino por provincia porque, segundo dixo o seu presidente, é “un polo de visitantes” e “creará moitos postos de traballo”.

Casino da Toxa, en Pontevedra
Casino da Toxa, en Pontevedra | Fonte: casinodeuropa.es

“Trátase dunha reclamación histórica do sector que permitirá, no caso de que así o decida o operador, por exemplo, que exista un casino en Vigo ademais do da Toxa”, explicou Núñez Feijóo este xoves na rolda de prensa do Consello tras explicar que era unha petición dos empresarios do sector, principalmente, de Pontevedra.

O regulamento aprobado hoxe regula as salas adicionais que poderán ter na mesma provincia tanto o casino da Coruña, como o da Toxa (Pontevedra). A cidade na que se instale a sala adicional deberá ser diferente á da localización actual da matriz e non poderá superar o 80% da superficie da zona de xogos do casino orixinal.

Entre outros criterios que se valorarán para conceder a licenza, explicou Núñez Feijóo, figuran o interese turístico, a experiencia e a calidade ou un informe municipal de idoneidade das instalacións. A licenza será por 10 anos, que serán prorrogables, e nas instalacións estará prohibida a entrada a menores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 grata sorpresa

Os meus parabéns a Galicia Confidencial porque desta non metésde-lo típico "a" de galinhol castrapeiro, porque o habituali sería unha barrabasada tal que "para atraer A visitantes", mais desta volta puxéstede-lo bem, sen o "a". Obrigado e que continuedes no bom caminho.

1 saida da crise frijolesca

CORRU-PP-TEIROS!!!! agora imos caer todos na ludopatia e entodolos viceos desatados polo diaño... que si barcos do narcotrafeco, que si fariña na cuberta dos iates dos amigos, e agora esta ludopatia, remataremos como na mafia do PADRIÑO, o mellor filman aqui a 4 parte con crimen, droja e asasinatos... onde esta a moralidade e o cristianisimo goberno nesto, pero que pretenden facer??? que tipo de sociedade estan a construir??? vai ser isto as Vegas imos caer todos no xogo, na prostitución e na inmundicia, non poideron facerlle o casino o ianque e agora van facer casinos na Galiza... asi pois habra grandes millonestis e moitisimos grandes miserables, amas de casa xogando a comida dos nenos nas tragacartos, pais de familia xogandose o salario no bingo... https://www.youtube.com/watch?v=4K6...