Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2025 | Actualizada ás 20:15
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, insiste en que o futuro plan de normalización lingüística "ten que servir para o que ten que servir", que é para o "bilingüismo cordial". Ademais, defendeu que o Goberno galego encargue enquisas a empresas privadas sobre a situación do idioma galego tendo en conta que "ten que ter moitas fontes para poder formar a súa opinión e a súa planificación".
Así se pronunciou ao ser preguntado pola enquisa sobre a 'Percepción social do galego' encargada á empresa 'Sondaxe', do grupo Voz de Galicia, que sinalou que case o 54% das familias galegas considera non hai ningún idioma discriminado en Galicia. Todo iso despois de que os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) trasladasen que o castelán xa é o idioma máis falado en Galicia.
Respecto diso e preguntado sobre se esta nova enquisa pon en dúbida os datos do IGE, Rueda sostivo que o IGE é un organismo da Xunta de Galicia que "constata datos" e que, precisamente, foi a "constatación deses datos" o que "moveu" ao Goberno galego a actuar sobre este asunto. Rueda dixo que "saber exactamente, despois destes datos, cal é a foto, cal é a situación, cales son as actitudes e como se pode facer para mellorar" é "o que move á Xunta a pedir estas enquisas" e a realizar "outras actividades".
PLAN DE NORMALIZACIÓN
Preguntado pola reunión que manterá o mércores o comité técnico da Xunta encargado do pacto sobre o galego e en cuxo orde do día figura a renovación do Plan xeral de Normalización Lingüística, Rueda sostivo que o que a Xunta pretende é que este documento "conserve a súa vixencia" e sirva "para o que ten que servir", que é para o "bilingüismo cordial" e a "promoción do galego" que o Goberno galego defende "sen imposicións".
Ademais, aproveitou para criticar a "determinados estamentos" e "determinados partidos políticos" poñan "en dúbida" o dato "cando non lles convén" e cando si din que "é un dato sacro". "Cando cren que non convén o que di aí, pois entón non hai que aceptalo, hai que negalo e hai que dicir que é un encargo interesado", afirmou.
Nunha rolda de prensa na que pediu "un pouco de rigor" a estas formacións, sostivo que a Xunta "ten que ter moitas fontes para poder formar a súa opinión e a súa planificación" e asegurou que "se se lle dá validez a unhas, tamén hai que darlle validez a outras".
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- López Campos cre que "nunca é tarde" para que o BNG se some á revisión do Plan de Normalización Lingüística
- Cando a lingua galega sae máis aló dos muros dun instituto
- “Ser bo para ir buscar a morte # para ir chamar a morte”, dúas das moitas equivalencias do castelán “ser más lento que una tortuga” (2ª parte)
- Estruga, sampedra, ortiga... Estes son algúns dos nomes desta famosa planta en galego
- Luis Seoane, protagonista do Día da Poesía da RAG
- "Ourense é a única toponimia lexítima"