Unións Agrarias mantén catro representates na executiva estatal do sindicato UPA

No 11 Congreso Federal, que se celebrou en Madrid, a federación galega incorpora como secretario executivo de UPA a Félix Porto

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2025 | Actualizada ás 19:33

Comparte esta noticia

Unións Agrarias (UU.AA.) mantén catro representantes na nova executiva estatal do sindicato agrario UPA.

No 11 Congreso Federal, que se celebrou en Madrid, a federación galega incorpora como secretario executivo de UPA a Félix Porto --é o secretario de Coordinación Sectorial de UU.AA.--, onde substitúe nese cargo estatal ao actual secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García.

Mentres, Román Santalla abandona a executiva federal de UPA, onde lle dá a substitución Xosé Ramón González, ata agora responsable de Producións Extensivas de Unións Agrarias.

Pola súa banda, Montse Cortiñas mantén responsabilidades como vicesecretaria xeral de UPA. Por outra banda, Teresa López seguirá como secretaria de Administración e presidenta da Federación de Mulleres Rurais (Fademur).

Representación de Unións Agrarias no Congreso Federal de UPA. UNIÓNS AGRARIAS
Representación de Unións Agrarias no Congreso Federal de UPA. UNIÓNS AGRARIAS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta