Por E.P. | OURENSE | 28/02/2025 | Actualizada ás 13:37
O Equipo Roca da Garda Civil de Ourense desmantelou un grupo criminal especializado en delitos de roubo en establecementos de alimentación.
Segundo informou, no marco desta operación foron detidas dúas mulleres residentes en Ourense e tomouse declaración en calidade de investigado a un venico de Piñor, no municipio de Barbadás.
No tres casos investígase a súa presunta implicación en tres delitos de furto cometidos nun supermercado de Pereiro de Aguiar.
Os furtos terían lugar o 24 de xaneiro, así como o 2 e o 3 de febreiro, cando os detidos apoderáronse de varios produtos de alimentación cun valor total de 1.650 euros.
A operación está vinculada co Xulgado de Instrución número 2 de Ourense.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.