O PPdeG pide á UE apoio para Altri e insta a Sánchez a non poñer trabas

Os eurodeputados Francisco Millán Mon e Adrián Vázquez demandan que o Goberno facilite fondos europeos e conexión eléctrica para o proxecto.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 30/03/2025 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

Os eurodeputados do PPdeG, Francisco Millán Mon e Adrián Vázquez, apelaron ao "respaldo" da Unión Europea á tramitación do proxecto de Altri para demandar a Pedro Sánchez que "non obstaculice" o acceso aos fondos europeos e á conexión eléctrica que a empresa necesita para poder iniciar a súa actividade.

"O Goberno central xa non pode esconderse en palabras ambiguas nin continuar de perfil: ten que actuar para apoiar este proxecto que supón unha gran oportunidade para a modernización e o desenvolvemento económico de Galicia", insistiu Millán Mon.

Pola súa banda, Vázquez lembrou que o BNG "tentou parar o proxecto en Bruxelas e varias veces a Comisión Europea tivo que pararlles os pés". Neste sentido, sinalou que "poucos argumentos poderán atopar en Madrid para parar un proxecto que é viable" e apelou á "responsabilidade" de Sánchez fronte ás "presións".

Ademais, indicou que "tanto o independentismo galego como os restos do PSdeG sempre se van a queixar de que cheguen investimentos a Galicia" porque "viven da confrontación e están moi cómodos no cuanto peor mellor", segundo denunciou.

"O BNG, as súas asociacións e toda a esquerda en xeral están mobilizados contra este proxecto, pero non por verdadeiras cuestións de fondo, senón por claros intereses partidistas e prexuízos ideolóxicos", sostivo Millán Mon.

Con todo, ambos os parlamentarios coincidiron en reivindicar que o proxecto de Altri é "un bo medio de innovación industrial e creación de emprego" e subliñaron a necesidade de que "cumpra os requisitos legais e ambientais".

Nesta liña, Millán Mon explicou que "isto non é un cheque en branco e nunca o foi", polo que incidiu en que Altri "terá que cumprir as numerosas condicións adicionais". Con todo, senllos eurodeputados coinciden en pór o foco na responsabilidade do Goberno central e insisten en que agora "a pelota está no tellado de Sánchez".

Os eurodeputados do PPdeG, Francisco Millán Mon e Adrián Vázquez.. PPDEG
Os eurodeputados do PPdeG, Francisco Millán Mon e Adrián Vázquez.. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta