A principal empresa de limpeza da Xunta entra en concurso de acredores

Linorsa débelle 2 millóns de euros a Facenda e as nóminas pendentes a máis de 1.000 traballadores.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 23/04/2016 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

A Audiencia de Pontevedra aprobou a entrada en concurso voluntario de acredores da empresa Limpiezas del Noroeste SA, Linorsa, concesionaria da limpeza en numerosos edificios públicos dependentes da Xunta, concellos e numerosos centros escolares en Galicia e tamén de Castela e León.

Protesta dos traballadores da empresa de limpeza Linorsa, que entrou en concurso de acreedores
Protesta dos traballadores da empresa de limpeza Linorsa, que entrou en concurso de acreedores | Fonte: CIG

A débeda da empresa coa Seguridade Social só na provincia de Pontevedra ascende a 180.000 euros, á que hai que sumar os case 2 millóns de euros que debe a Facenda e as nóminas pendentes ás máis de 1.000 empregadas que ten contratadas.

A principios de mes, Linorsa solicitou a cesión dos servizos que presta en Vigo, tanto en dependencias municipais como en colexios públicos e escolas municipais, en favor de Mantelnor Limpezas SLU.

As traballadoras de Vigo, onde ten a súa sede Linorsa, coñeceron a noticia este venres a pesar de que a declaración do concurso data do 19 de abril, un día despois de que a dirección negase que fóra a solicitalo. De feito, entre os empregados hai temor a non cobrar varias mensualidades pendentes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta