Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/04/2025 | Actualizada ás 20:00
Os servizos de emerxencias rescataron a unha persoa que resultou ferida tras caer á ría en Noia desde uns catro metros de altura. Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 13.30 horas deste domingo e foro os membros do GES de Noia os que alertaron de que unha persoa caera nunha zona de lama entre os diques de San Lázaro e Cadarso, e necesitaba atención sanitaria.
A central de emerxencias divos aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o GES de Noia, Garda Civil e a Policía Local. Ademais, informaron a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos voluntarios de Protección Civil. O GES encargouse das tarefas de rescate e a persoa foi evacuada en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.