Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/04/2025 | Actualizada ás 17:15
Delegadas e delegados da CIG secundaron unha xornada de concentracións, ante edificios da Xunta, en distintas localidades galegas para reivindicar un plan galego de recuperación económica e de protección social, así como plenas competencias para Galicia en materia laboral, económica e fiscal.
As mesmas estiveron precedidas da celebración de asembleas como paso previo ás 17 mobilizacións que a CIG convocou para o Primeiro de Maio, que este ano conmemora baixo a lema 'Traballo, Dereitos, Soberanía. Galicia contra as Guerras'. O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, que asistiu á asemblea e a concentración na cidade herculina, demandou plenas competencias para a comunidade autónoma en materia laboral, económica e fiscal "para decidir o noso modelo económico e social como alternativa viable para vivir e traballar dignamente no noso país".
Antes, reivindicou un plan galego de industrialización e de creación de emprego "con intervención pública en sectores estratéxicos" e que a xeración de industrias sexa "en base á riqueza do noso país". "Pechando os ciclos produtivos e non ante un proceso depredador para profundar na condición colonial", dixo rexeitando que Galicia sexa unha "despensa de recursos".
Por outra banda, pediu un plan galego público de atención e coidados en materia de dependencia fronte á "mercantilización dos servizos públicos" e unha política social "onde o parque de vivendas sexa unha realidade".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.