1M.- O Che Guevara ao Parlamento galego

Con este eslogan baixo o brazo aparece en escena, de cara as eleccións do 1 de marzo, Nova Esquerda Socialista...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 10/02/2009 | Actualizada ás 20:49

Comparte esta noticia

None

"A Corrente Traballadores Galegos polo Socialismo logo de realizar distintas actividades políticas dentro de "Unidade da Esquerda Galega" e "Vigo de Esquerda", decidimos dar os primeiros pasos organizativos e políticos para a creación dunha forza política que exprese un novo pensamento da esquerda. Consideramos que debemos aprender dos erros do pasado e desde unha óptica aberta rescatar o mellor do pensamento revolucionario e de clase, tanto de Galiza como a nivel internacional", aseguran.

Os seus puntos programáticos son:

1.- Convocatoria Congreso Constituínte. Declaración da Republica Confederal.

2.- Dereito de autodeterminación dos pobos.

3.- Republica Galega Soberana.

4.- Contra as políticas económicas neoliberais.

5.- Defensa dos dereitos humanos e sociais.

6.- Saída da OTAN e retirada das bases militares estranxeiras.

7.- Derrogación da lei antiterrorista e dos partidos políticos. Amnistía dos presos políticos.

8.- Educación pública en galego, laica, democrática, gratuíta e de calidade.

9.- Nacionalización dos sectores económicos estratéxicos e dos recursos e espazos naturais. Xestión pública dos servizos sociais.

10.- Modelo de produción e consumo compatible coa sustentabilidade dos recursos naturais e o medio ambente.

11.- Loita contra o racismo e a xenofobia. Antifascismo.

12.- En defensa da sanidade pública.

13.- Loita activa contra o patriarcado.

14.- Separación Igrexa-Estado.

15.- Antiimperialismo e solidariedade internacional.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

3 xomabepo

"6.- Saída da OTAN e retirada das bases militares estranxeiras."
Exactamente, a que bases militares estranxeiras se refiren?

2 outro

Xa eramos poucos e....

1 anónimo

OSTIÁS, A ESTAS ALTURAS.