Dous pescadores feridos tras incendiarse o seu barco en Muros

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2025 | Actualizada ás 10:11

Comparte esta noticia

Dous pescadores foron rescatados tras sufrir feridas despois de rexistrarse un incendio no seu barco cando faenaban na costa da localidade coruñesa de Muros. 

Segundo informou o 112 Galicia, sobre as 06.15 horas persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 daba aviso á central de emerxencias de que se desprazaban ao porto pesqueiro de Porto do Son para atender a estes dous mariñeiros, que sufriran un incendio na súa embarcación cando pescaban a máis de tres millas da costa de Louro.

Foi outro barco que faenaba na zona, A Chainza, quen puido rescatar aos dous tripulantes, que a continuación foron recollidos pola Salvamar Regulus de Salvamento Marítimo e trasladados ao porto de Porto de Son, desde onde foron trasladados en ambulancia ao Hospital do Barbanza.

No operativo tamén participaron efectivos do Servizo de Gardacostas de Galicia, que mobilizou unha embarcación, así como axentes da Garda Civil.

A Salvamar Regulus na zona
A Salvamar Regulus na zona | Fonte: QUE PASA NA COSTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta