Revés xudicial á intención do Concello de Santiago de vender varios inmobles abandonados de xeito forzoso

O goberno local estudará o auto xudicial e ten intención de recorrelo

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/05/2025 | Actualizada ás 10:08

Comparte esta noticia

O xulgado de Santiago de Compostela paralizou a venda forzosa de varios inmobles inscritos no Rexistro de Soares que o Concello da capital galega aprobou en xunta de goberno o pasado 10 de marzo e para a que xa se presentaron varias ofertas.

Nun auto con data do pasado 16 de maio, o Xulgado Contencioso Administrativo número dous da cidade acepta o recurso interposto polos propietarios e acorda suspender cauletarmente o acordo da xunta de goberno local. En concreto, no mes de marzo o goberno municipal acordou a venda forzosa mediante poxa pública de catro inmobles da cidade histórica inscritos no citado rexistro e aprobou o prego de cláusulas administrativas que rexían o procedemento que buscaba promover a rehabilitación, recuperación e reutilización do patrimonio abandonado.

Tras coñecerse o auto do xulgado, adiantado por 'La Voz de Galicia', o Concello de Santiago destacou que as medidas para garantir a función social da propiedade "son sempre moi contestadas" e que "raramente son pacíficas". Con todo, avanza que o goberno local "seguirá facendo todo o que estea na súa man" para que os edificios abandonados se rehabiliten e utilicen, sobre todo os que levan décadas nesa situación. O goberno local estudará o auto xudicial e ten intención de recorrelo.

Arquivo -Xulgados de Santiago de Compostela
Arquivo -Xulgados de Santiago de Compostela | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta