Un suposto ‘bólido diúrno’ percorreu o ceo do sur de Galicia no Día das Letras

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidadade de Santiago está investigando o paso dun obxecto luminoso que se rexistrou o pasado 17 de maio.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 20/05/2016 | Actualizada ás 15:15

Comparte esta noticia

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidadade de Santiago (USC) está investigando o paso dun obxecto luminoso que se rexistrou o pasado 17 de maio —Día das Letras Galegas— ás 16.00 horas sobre o sur de Galicia. Logo de examinar unha imaxe enviada por Alberto Otero, o director do Observatorio universitario, José Ángel Docobo, sinala que se podería tratar dun ‘bólido diúrno’, fenómeno luminoso producido na atmosfera terrestre pola entrada dunha pedra cósmica ou meteoroide que se está a mover en torno ao Sol.  

Imaxe do suposto 'bólido diurno' observado o pasado 17 de maio de 2016, arredor das 16.00 horas, no sur de Galicia
Imaxe do suposto 'bólido diurno' observado o pasado 17 de maio de 2016, arredor das 16.00 horas, no sur de Galicia | Fonte: Alberto Otero.

Os bólidos do ceo son bólas de fogo causadas pola entrada na atmosfera terrestre de rocas de orixe interplanetario.

O Observatorio Astronómico da USC agradece a todas aquelas persoas que o visen que se poñan en contacto co centro a través do correo electrónico oasec@usc.es ou tamén telefonicamente nos números 881 815 016 ou 881 815 025. Ademais, pódese enviar unha mensaxe á Rede Española de Bólidos e Meteoritos na dirección de correo spmn@ieec.uab.es.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta