Por Galicia Confidencial | Madrid | 26/05/2025 | Actualizada ás 11:42
Renfe lanza unha campaña de 'Superprezos' para viaxar en tren este verán, con tarifas que van desde os 9 euros nalgúns traxectos en Avlo, e desde os 15 euros en AVE. A oferta é válida para desprazamentos en trens AVE, AVE Internacional, Avlo, Alvia, Euromed e Intercity a partir do 16 de xuño até o 14 de setembro.
Os clientes de Renfe poden adquirir desde o 26 de maio até o 1 de xuño os billetes da oferta que aparecerán coa etiqueta de 'SUPERPRECIOS', que permite aos clientes obter unha alternativa económica e cómoda para os seus desprazamentos de verán. Así mesmo, por tan só 3 euros máis os clientes poderán pasar da tarifa Básica a un billete Elige, que inclúe cambios e anulacións e é máis flexible ou ademais en espazo Confort por só 6 euros nos nosos trens a Francia.
"Renfe ofrece descontos nos seus billetes para fomentar as viaxes en tren a multitude de destinos no menor tempo posible, cunha gran variedade de horarios e da maneira máis cómoda, reafirmando desta maneira o seu compromiso cunha mobilidade sustentable", apunta a empresa nun comunicado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.