O Goberno destaca a ausencia de problemas tras o peche de centros de acollida de migrantes en Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2025 | Actualizada ás 12:52

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, resaltou a ausencia de "problemas" tras o peche dos centros de acollida de migrantes situados no Monte do Gozo, en Santiago de Compostela, e no municipio pontevedrés de Mondariz, abertos pola situación de emerxencia vivida en Canarias.

A preguntas dos xornalistas, nun acto na Coruña, explicou que aos que estaban neles e conceder o asilo quedan en situación regular. "E aos que non, proporcionaránselles medios para que poidan trasladarse e facer reagrupacións, iso está a pasar desde a apertura destes centros e non está a xerar ningún problema", precisou.

A clausura dos centros xestionados pola ONG Rescate se debe a que unha maioría dos acollidos completou xa o programa de emerxencia. Os migrantes que non completaron o itinerario serán recolocados noutros centros.

Refuxiados da guerra de Mali e migrantes  á súa chegada ao Monte do Gozo
Refuxiados da guerra de Mali e migrantes á súa chegada ao Monte do Gozo | Fonte: César Argina - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta