Condenado a 9 anos por agredir sexualmente a unha menor cando tiña 8 anos aínda "que algúns aspectos non foran coherentes"

O fallo conta co voto particular dunha maxistrada, quen entende que a análise de todas as probas debería levar á absolución.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 26/05/2025 | Actualizada ás 17:52

Comparte esta noticia

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago de Compostela, condenou a nove anos de cárcere ao autor dun delito continuado de agresión sexual a unha menor cando tiña oito anos de idade.

Nunha sentenza con data do pasado 12 de maio e da que informou este luns o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o tribunal considera probado que o acusado cometeu os primeiros feitos sobre a vítima, que entón tiña oito anos, en 2015, cando acudiu ao seu domicilio, con permiso dos seus pais, a pasar o fin de semana. Tempo despois, durante os últimos meses de 2015, segundo consta probado na sentenza, volveu agredir sexualmente á menor no baño dunha vivenda duns amigos dos seus pais, á que acudira cos seus proxenitores e na que tamén se atopaba de visita o acusado.

A Sala considera fiables as declaracións da vítima, a pesar de que existan "determinados aspectos en que as súas manifestacións non foron uniformes ou internamente coherentes". E é que destaca que esas "impersistencias son explicables atendida a idade da menor cando ocorreron os feitos", ao tempo transcorrido ata o seu afloramiento e sometemento ao proceso xudicial e a personalidade da menor.

Ademais, indica que se apreciou "tecnicamente como corroboración externa unha sintomatoloxía compatible cunha tensión postraumática e que, a tenor das precisións dos peritos, aparece como coherente cunha orixe nos feitos axuizados".

A sentenza conta co voto particular dunha maxistrada, quen entende que a análise conxunta de todas as probas debería levar á absolución do acusado, pois asegura que o testemuño da vítima "xera dúbidas que afectan á súa fiabilidade, non compensadas con valor corroborativo pola proba practicada para poder afirmar máis aló de toda dúbida razoable que o acusado cometese os feitos polos que se lle acusou".

Acusado na Audiencia Provincial de Lugo para declarar no xuízo polo abuso continuado a unha menor,
Acusado na Audiencia Provincial de Lugo para declarar no xuízo polo abuso continuado a unha menor, | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta