A Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia critica o decreto do Goberno por "criminalizar a familias aforradoras"

Oleiros solicitou á Xunta que retire autorizacións outorgadas a vivendas de uso turístico "por non axustarse" ao PXOM.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2025 | Actualizada ás 20:58

Comparte esta noticia

A Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia (Aviturga) mostrou o seu "rotundo rexeitamento" ás medidas anunciadas polo Ministerio de Vivenda contra o sector, ao considerar que supoñen "unha persecución inxustificada que criminaliza a miles familias galegas aforradoras e que teñen neste uso un complemento ás súas economías".

Nun comunicado, a presidenta de Aviturga, Dulcinea Aguín, cualificou as declaracións da ministra Isabel Rodríguez sobre a "situación de SOS" no sector como "alarmistas e desproporcionadas", e advertiu de que as medidas fiscais anunciadas "condenarán ao peche por centos de establecementos en Galic ia".

"Sentimos sinalados e perseguidos por un Goberno que non coñece a realidade nin das cidades nin do rural galego", declarou Dulcinea Aguín. "Mentres falan de pisos ilegais, están a atacar a propietarios que cumpren escrupulosamente a normativa e que dan vida a municipios de interior que doutro xeito estarían abandonadas", dixo.

A asociación apuntou que, segundo os seus datos, o sector da vivenda turística en Galicia xera máis de 15.000 empregos directos e indirectos e achega aproximadamente 120 millóns de euros anuais á economía da comunidade. A asociación representa a máis de 20.000 propietarios, o 70% deles con tan só unha vivenda de uso turístico que comercializan directamente. "Están a dinamitar un sector que clave para frear o despoboamento rural", denunciou o vicepresidente da asociación, Rafael Serrano.

"Moitas das nosas vivendas están en pobos e comarcas onde a única alternativa económica viable é o turismo ambiental e sustentable".Ademais, Aviturga mostrou especial preocupación polo anunciado rexistro único, que considera "unha trampa burocrática deseñada para complicar a actividade ata facela inviable". "Xa estamos rexistrados na Xunta de Galicia e cumprimos toda a normativa autonómica", explica Rafael Serrano.

OLEIROS

Propietarios de vivendas turísticas de Santiago piden ao Valedor que intermedie co Concello
Propietarios de vivendas turísticas de Santiago piden ao Valedor que intermedie co Concello | Fonte: Arquivo

Pola súa banda, o Concello de Oleiros solicitou á Xunta que retire autorizacións outorgadas a vivendas de uso turístico "por non axustarse ao Plan Xeral de Urbanismo".

"Nin contar con licenza municipal para esa actividade", sinala nun comunicado no que estima que son unhas 80 as vivendas que foron autorizadas pola Xunta. Respecto diso, indica que o Plan Xeral "define perfectamente as zonas de uso residencial e as de uso hoteleiro polo que os pisos convencionais dedicados a residencia non poden explotarse comercialmente como servizo de hospedaxe".

Na actualidade, o Concello ten abertos varios expedientes sancionadores a vivendas "que exercen ilegalmente a actividade de hospedaxe, reservada ás empresas do sector, unha actividade que non debe confundirse cos alugueres turísticos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta