O filólogo Vicente Feijoo, coordinador de Galicia Nomeada, explica como a campaña Toponimízate busca salvagardar a microtoponimia galega mediante a colaboración entre persoas maiores, coñecedoras do territorio, e xente nova que emprega a aplicación móbil para rexistrar os nomes da terra
Segundo os datos do IGE, no ano 2022 un total de 56 concellos (o 18 % dos 313 totais) perderon máis veciños dos que recibiron; no 2023 esta cifra chegou ata os 67 concellos (o 21 %).
  comenta   1
No rural galego, as mulleres emprenden máis ca os homes e as iniciativas resisten mellor ca nas cidades, como sinala Nuria Begoña Calvo Babío, catedrática de organización de empresas da UDC e directora técnica do Observatorio do Emprendemento de España.
  comenta   0
O responsable de Enerxía do BNG, Xosé Manuel Golpe, denuncia que a "eucaliptización" do territorio provoca máis do 80 % dos fallos de liñas de media tensión en Galicia, causados por cuestións como a caída de ramas e troncos.
  comenta   0
Nela participan a Deputación de Ourense e as comunidades intermunicipais portuguesas de Alto Minho, Cávado, Alto Tâmega e Barroso.
  comenta   0
O PSdeg destaca as iniciativas deste pequeno concello para que a Galicia rural non morra.
  comenta   0
Jaime Fagúndez, investigador da Universidade da Coruña (UDC) e do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), convida a ver o mantemento das poboacións de 'bestas' en Galicia como "unha peza clave para manter os ecosistemas naturais no mellor estado posible, de maneira que os faga o máis resilientes posible aos cambios que xa temos enriba, como é o caso do cambio climático".
  comenta   0
A Fundación de Estudos de Economía Aplicada (Fedea) destacou este luns que os inmigrantes explican case tres de cada catro novos empregos creados o país no último lustro --entre 2019 e 2024--, e advertiu de que os traballadores nados en España envellecen con rapidez e perden peso no emprego total, que aumenta grazas á inmigración.
  comenta   0
Populares afean a nacionalistas "a máis mínima palabra de apoio" á conselleira e estes acusan ao PP de "ameazar" aos que se mobilizan.
  comenta   0
Dende Galicia Confidencial falamos con Patricia, mestra da EEI de Rubiós, que asegura que hai moitos proxenitores aos que lles encanta o modelo educativo das escolas unitarias pero que non poden levar a elas aos seus fillos pola falta de servizos de conciliación.
  comenta   0
Emilio Rafael Díaz Varela, profesor de ordenación do territorio na Universidade de Santiago de Compostela (USC), critica que en Galicia "temos un nivel de ordenación forestal xerárquico sobre o papel, pero este non desenvolvido na práctica".
  comenta   0
O Consello de Contas recomenda establecer unha definición "máis homoxénea" do reto demográfico, máis cooperación e menos carga administrativa.
  comenta   0
Galicia é o lugar do mundo onde existen máis construción deste tipo: 100.000 repartidas ao longo de todo o territorio. Sen embargo, non son os hórreos máis antigos do mundo, pois comezaron a construírse a partir do 1601 e da proliferación do cultivo do millo, como lugar para gardar a colleita. O GC comeza unha serie sobre esta a arquitectura galega falando co presidente da Rede Hórrea, Carlos Henrique Fernández Coto.
  comenta   0
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, instou á Xunta de Galicia a atender ás entidades que reclaman a constitución de observatorios e plans estratéxicos diferenciados para os colectivos femininos do rural e do mar.
  comenta   0
Expertos reunidos polo Consello da Cultura Galega (CCG) advertiron de que o retorno de migrantes "está envellecido" pois case un 60 % ten máis de 55 anos e, desta forma, os mozos seguen sendo maioría nas partidas desde Galicia.
  comenta   0
O profesor da USC Antonio Doval Adán, asegura que "a verdadeira cuestión é se hai interese en revitalizar eses concellos que se están despoboando ou non, ou se o que verdadeiramente interesa aos gobernos é que a maior parte da poboación galega se desprace ao medio urbano". Plantexa a posibilidade dunha reorganización territorial na que os concellos en peor situación se engloben en comarcas.
  comenta   1
O profesor da USC Antonio Doval Adán asegura que "a situación é dramática" e advirte de que, se non se poñen en marcha políticas para revertela, o rural galego quedará completamente despoboado nuns anos: "En poucos anos atoparémonos cun volume de aldeas abandonadas que rondará as dúas cifras de milleiros, pois máis de 12.370 que teñen menos de 10 veciños".
  comenta   5
Rueda incidiu en que Galicia aposta por un modelo que teña no centro o custo da prestación dos servizos públicos en función das características de cada territorio. No caso galego, apuntou á dispersión poboacional e o envellecemento como factores que encarecen a prestación dos servizos públicos.
  comenta   0
En concreto, os pequenos municipios con viñedo exhiben maiores oportunidades laborais cunha media mensual de 320 traballadores fronte aos 210 dos municipios homólogos sen viñedo, segundo os datos da ferramenta sobre a dimensión territorial do sector vitivinícola español, elaborada pola Interprofesional do Viño de España (OIVE), en colaboración con Analistas Financeiros Internacionais (AFI).
  comenta   0
Os empresarios galegos, asturianos e leoneses advirten de que o ritmo de execución das distintas obras e investimentos "non foron áxiles, acumulando atrasos moi importantes" que "condicionan a nosa competitividade e prexudican ao tecido produtivo".
  comenta   0
O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares, lembrou que as áreas fronteirizas de Galicia e o Norte de Portugal son os espazos de "maior concentración demográfica e dinamismo" de toda a fronteira luso-española.
  comenta   0
Retratou e analizou o despoboamento e a soidade dos máis maiores na Galicia rural no seu libro Lumes. "Son esas persoas que, con todo en contra, seguiron no territorio", lembra.
  comenta   1
"Converteremos o despoboamento rural nunha prioridade de ámbito europeo, incorporando beneficios automáticos na concesión de fondos europeos para as rexións máis despoboadas e aumentaremos o orzamento da PAC, asegurándonos de que inclúe e respecta as particularidades do medio rural galego", explicou Paula Prado.
  comenta   0
Nesta cita, organizada por 'Ourense Rural é Vida' e celebrada en San Xoán de Río, centraron o debate os problemas de vivenda e mobilidade. “Está Ourense preparada para atraer o novo movemento ruralista?”, foi o título que deu pé á controversia.
  comenta   0
A cinta céntrase na cara oculta da Rapa de Sabucedo e os desafíos que enfronta a aldea para mantela. Entre os problemas, o roubo de bestas e os eólicos que tamén ameazan as paisaxes virxes dos cabalos.
  comenta   0
Esta é unha das conclusións do proxecto europeo 'Entrances', presentadas no reitorado coruñés con presenza do vicerreitor de Investigación e Transferencia da UDC, Jerónimo Puertas, e do investigador principal do proxecto, Ricardo García Mira, catedrático da área de Psicoloxía Social da UDC.
  comenta   0
"Galicia precisa hoxe un cambio de modelo cultural. Soster, mellorar e integrar os organismos que xa existen e mudar as dinámicas tanto de proxección internacional coma de acompañamento no territorio, para eliminar as verdadeiras barreiras coa cultura, as de clase, as barreiras psicolóxicas ou as dos medos e prexuízos coa cultura".
  comenta   0