O Parlamento galego urxe ao Estado devolver as contías polas cotizacións a mutuas entre 1967 e 1978

En febreiro de 2023 o Tribunal Supremo emitiu unha sentenza que atendía á reclamación que realizaron afectados que viron como non se consideraban deducibles no IRPF un 25 % as cotas satisfeitas durante ese período anos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2025 | Actualizada ás 14:44

Comparte esta noticia

O Parlamento galego aprobou este mércores, sen votos en contra, unha iniciativa do PP para urxir ao Goberno central que devolva "sen adiamentos" as contías que corresponden a pensionistas polas cotizacións que achegaron a mutuas entre os anos 1967 e 1978. E é que en febreiro de 2023 o Tribunal Supremo emitiu unha sentenza que atendía á reclamación que realizaron afectados que viron como non se consideraban deducibles no IRPF un 25 % as cotas satisfeitas durante ese período anos.

A iniciativa do PP, contra a que BNG e PSdeG abstivéronse na comisión 3ª do Parlamento, pide non só axilizar estas devolucións, senón tamén que se derrogue unha modificación que introduciu unha disposición adicional da Lei 7/2024 e que afecta o procedemento. A popular Felisa Rodríguez explicou que polo proceso anterior, que estivo vixente ata o 22 de decembro de 2024, a Axencia Tributaria "estaba a devolver" os excesos aos afectados.

Con todo, a partir desta data entrou en vigor a nova lei e, coa "voracidade recadatoria sen precedentes" da que o PP acusa o Goberno central, implantouse "un sistema excepcional, fragmentado e dilatado no tempo" que "vulnera os dereitos dos contribuíntes". "Pedro Sánchez recada para pagar os seus caprichos e priorizar os problemas xudiciais da súa contorna máis próxima, deixando de lado as necesidades e os dereitos de moitos pensionistas", esgrimiu Rodríguez, na súa intervención final.

Por parte do BNG, Ramón Fernández Alfonzo coincidiu en que o novo sistempla implantado polo Goberno central aprobouse "tarde, mal e a rastro". Por iso, os nacionalistas apostan por que o Estado proceda a estas devolucións "de oficio". Desde o PSdeG, Elena Espinosa censurou a exposición da deputada do PP e garantiu que os afectados "van recibir" ese diñeiro. "Que non se xeren dúbidas", insistiu, para defender que a Lei 7/2024 o que fixo foi "regular as devolucións" que establece a xurisprudencia.

Comisión 3ª de economía, facenda e orzamentos do Parlamento galego / PARLAMENTO / Europa Press
Comisión 3ª de economía, facenda e orzamentos do Parlamento galego / PARLAMENTO / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta