Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2025 | Actualizada ás 13:39
Un operario, de 31 anos de idade, faleceu na mañá deste xoves en Outes tras caerlle encima a árbore que tallaba. Segundo informa o Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña e o 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 10.35 horas nunha zona de monte de Vilardigo, na parroquia de Cando.
Foi precisamente o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias o que alertou aos bombeiros de Boiro, que se desprazaron ao momento. En concreto, unha persoa quedara atrapada baixo unha árbore mentres estaba ao cortar. A pesar de todo, o médico de garda que se desprazou á zona só puido certificar a morte do home.
Tamén acudiron ao momento a Policía Local de Outes, o GES de Noia, a Policía Xudicial, a Garda Civil e profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.