A Xunta asume a política migratoria do PP: pide informe ao Consello Consultivo e que se inclúa na Conferencia de Presidentes

Reclama un informe sobre a constitucionalidade do decreto de menores migrantes con vistas a recorrelo e avisa a Sánchez de que modifique a axenda da xuntanza para que teña en conta os criterios das autonomías do PP.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/06/2025 | Actualizada ás 14:53

Comparte esta noticia

A Xunta tensa a relación co Goberno central. Faino asumindo os postulados do PP sobre varios asuntos, especialmente, en política migratoria. Por iso, o presidente galego, Alfonso Rueda, anunciou que o seu Executivo se dirixirá ao Consello Consultivo de Galicia para solicitarlle un informe sobre a constitucionalidade do decreto que regula a repartición dos menores migrantes. Farao con vistas a presentar un recurso contra unha medida do Goberno que dirixe o Executivo de Sánchez que definiu como "un trágala sen diálogo".

Rueda diríxese ao Consello da Xunta
Rueda diríxese ao Consello da Xunta | Fonte: DAVID CABEZÓN @ XUNTA

Ao mesmo tempo, a Xunta tamen advertiu a súa disconformidade coa axenda que o Goberno central mantén para a Conferencia de Presidentes do vindeiro venres, enfocada en Vivenda e FP. Sobre esta cuestión, Rueda tamén foi taxativo e pediu que, como tamén reclaman os presidentes autonómicos do PP, se inclúan entre os temas a falar, a política migratoria e a situación das infraestruturas electricas tras o gran apagón sufrido na Península.

Moi crítico co paso dado polo Executivo estatal "sen ningún tipo de planificación" e, tras tachar a repartición de "inxusto e incoherente", Rueda explicou que o seu Goberno necesita un informe que clarifique se, "como sostén a Asesoría Xurídica da Xunta", o decreto de reparto de menores migrantes "invade competencias de Galicia en materia de asistencia social e protección de menores".

Tamén se pedirá a opinión do Consultivo sobre se o decreto en cuestión supón "unha decisión unilateral" do Goberno sobre aspectos que despois xestionan as comunidades e que "non garante os fondos suficientes ás comunidades para prestar a atención e asistencia que necesitan estes mozos".

CONFERENCIA DE PRESIDENTES

Rueda tamén dixo que é unha "mala nova" que se manteña o formato actual da Conferencia de Presidentes.  "É un formato que non leva a nada. Saes como entras e non hai retorno, nin comentarios", dixo sobre como está articulada esta xuntanza. "Se é conferencia de presidentes hai que conferenciar, ter propostas, contraargumentar. Non repetir o formatao de Santander que non foi útil", engadiu.

Ademais, o presidente galego, como o resto de presidentes populares, insistiu na necesidade de introducir na axenda desa xuntanza outros temas; que son as políticas de inmigración e as das infraestruturas eléctricas. "Queremos falar de FP e vivenda, pero tamén doutros emas como  o dos menas, infraestructuras elécticas, politica de inmigración, e non só falar dos temas que eles propoñan. Espero que entren en razón e que isto sexa útil", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta