Ángel Mato imponse nas eleccións do PSOE de Ferrol e seguirá como secretario xeral

Por E.P. | Ferrol | 08/06/2025 | Actualizada ás 23:08

Comparte esta noticia

O exalcalde de Ferrol Ángel Mato continuará outro catro anos á fronte do PSOE na cidade departamental tras imporse este domingo nas eleccións internas para renovar a executiva socialista na cidade.

Na asemblea extraordinaria celebrada durante todo o día na Casa do Pobo de Ferrol, a lista encabezada por Mato obtivo 95 sufraxios, fronte aos 69 conseguidos pola candidatura rival, liderada por Bruno Díaz, exconcelleiro no mandato 2015-2019.

Con esta vitoria, Mato revalida o seu cargo como secretario xeral do PSOE de Ferrol e consolida un equipo que estará formado por Manuel Lorenzo Ramos como presidente; Rafael Fernández Beceiro como secretario de Organización; e Julián Reina na portavocía, ademais de asumir as áreas de Formación e Urbanismo.

A nova executiva contará tamén con Beatriz Branco (Afiliación e Militancia Adxunta a Organización), Nativida González Laso (Política Municipal), Ana Beceiro (Administración), Monserrat Dopico (Cultura, Educación e Memoria Histórica), Angel Castiñeira (Comunicación), Daniel Berini Montes (Estatística, Datos e Redes Sociais), Miriam López Serantes (Rural), Manuel Santiago Pérez (Acción Electoral e Función Pública), Mónica Ferreira (Muller e Igualdade), Gerardo López Castrillón (Industria e Transporte Enerxético), Antía García González (Benestar Social), Verónica Gómez Formoso (Turismo e Sustentabilidade) e María Luisa Mesa como secretaria executiva.

Nestas eleccións internas tamén se elixiron os representantes ao Comité Provincial, onde a lista de Matogueira obtivo tres postos, fronte aos dous de Bruno Díaz. No ámbito nacional, a repartición foi de dous representantes para Matogueira e un para Díaz.

Ángel Mato Gradua cando era alcalde de Ferro
Ángel Mato Gradua cando era alcalde de Ferro | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta