Rescatados dous mariñeiros tras afundir un pesqueiro en Ribeira

Sufriu unha vía de auga preto de Corrubedo.

Por Galicia Confidencial | Ribeira | 09/06/2025 | Actualizada ás 10:42

Comparte esta noticia

Dous tripulantes do pesqueiro "Pegal" foron rescatados na mañán deste luns tras afundir o barco en Corrubedo. Trátase dun veciño de Ribeira, o armador, e de Muros, un mariñeiro. 

O barco Pegal mentres afundía mentres o barco Día de Reyes acude ao rescate
O barco Pegal mentres afundía mentres o barco Día de Reyes acude ao rescate | Fonte: remitida

Segundo as fontes consultadas por GC, o barco sufriu unha vía de auga moi importante. De feito, foi imposible achegar a embarcación a porto. Os tripulantes tiveron que saltar ao mar na balsa salvavidas.  Segundo fontes de Salvamento Marítimo, foi pasadas as 09.30 horas cando o buque 'Día de Reyes' informou o centro de coordinación de Fisterra de que un barco sufrira unha vía de auga, quedando as súas dous únicos ocupantes nunha balsa á deriva.

Posteriormente, os dous mariñeiros foron rescatados sans e salvos por esa embarcación, que tamén se atopaba faenando na zona, e acudiu á chamada de socorro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta